José Pazó Montes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Pazó Montes
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1902 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte1978 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaviador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Pazó Montes, nado en Pontevedra o 16 de agosto de 1902 e finado en 1978, foi un aviador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Canda González Gil, cofundou unha pequena fábrica de avións, a G.P., coa que subministraron 40 aparellos ao goberno da república.

Na Guerra Civil Española, o 24 de setembro de 1936, aproveitando unha misión urxente para enviar recambios a Barcelona, evadiuse de Cuatro Vientos, Madrid, na zona republicana, tentando aterrar primeiro en Villanubla, Valladolid, na zona nacional, onde foi rexeitado a tiros debido as cores do seu aparato. Dirixiuse daquela cara a Pontevedra, onde tentou aterrar na Xunqueira, impedíndollo unhas vacas que estaban pastando, aterrando finalmente, ao límite de combustible, na praia da Lanzada.[1]

Foi membro do Corpo de Enxeñeiros Aeronáuticos do Exército do Aire de España, Coronel Secretario Xeral do Ministerio del Aire de España e, de 1950 a 1959, presidente de Aviaco.[2]

Ascendeu a Xeneral en 1965. Acadou o emprego de Xeneral de Brigada e foi Director Xeral de Industria e Material ata 1967, ano no que se suprimiu o cargo.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pazó Giménez de la Espada, Alejandro: El vuelo de José Pazó. La trayectoria de un ingeniero y aviador militar en el siglo XX,[1] 209 pp. Galland Books, 2013

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]