José Manuel Durão Barroso
| José Manuel Durão Barroso | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 23 de marzo de 1956 | ||
| Lugar: | Lisboa, Portugal |
||
| Falecemento: | |||
| Lugar: | , | ||
| Organización: | Partido Socialdemócrata de Portugal | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | Subsecretario de Estado no Ministerio de Asuntos Internos (1985 - 1987)<brSecretario de Estado de Asuntos Externos (1987 - 1992) Ministro de Asuntos Exteriores (1992 - 1995) Primeiro ministro de Portugal (2002 - 2004) Presidente da Comisión europea (dende 2004) |
||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Político e avogado | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
José Manuel Durão Barroso, nacido en Lisboa o 23 de marzo de 1956, é un político portugués, presidente da Comisión Europea dende o 23 de novembro de 2004; antes, foi Primeiro Ministro de Portugal (do 6 de abril de 2002 ó 29 de xuño de 2004).
Índice |
Vida antes de 1995[editar]
Formación e inicio da súa carreira[editar]
Licenciouse en Dereito na Universidade de Lisboa e estudou Ciencias Económicas e Sociais na Universidade de Xenebra. Foi profesor asistente na Facultade de Dereito en Georgetown; despois, regresou a Lisboa e convertiuse en director do departamento de relacións internacionais da Universidade Lusíada.
Inicio da súa actividade política[editar]
Na súa xuventude, Durão perteneceu a numerosos grupos maoístas e comunistas, antes da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974. En 1980 uniuse ó Partido Socialdemócrata de Portugal, de dereitas, no que continúa ata o día de hoxe.
Etapas[editar]
- Subsecretario de Estado no Ministerio de Asuntos Internos (1985-1987)
- Secretario de Estado de Asuntos Externos (1987-1992)
- Ministro de Asuntos Exteriores (1992-1995)
Vida despois de 1995[editar]
Oposición[editar]
En 1995, Durão Barroso foi escollido deputado no Parlamento portugués. Catro anos máis tarde, sería designado presidente do PSD e, polo tanto, líder da oposición.
Goberno[editar]
O 6 de abril de 2002, Durão Barroso facíase primeiro ministro de Portugal. A súa política viuse marcada polo conservadurismo económico e polo apoio á Guerra de Iraq, opoñéndose así á opinión maioritaria da sociedade do seu país.
Comisión Europea[editar]
O 29 de xuño de 2004, Barroso dimitiu como primeiro ministro de Portugal para asumi-lo cargo de presidente da Comisión Europea, cargo no que sucedeu ó italiano Romano Prodi e no que se prevé que seguirá ata o 31 de outubro de 2009.
A elección da Comisión liderada por Barroso non estivo exenta de polémica. Na primeira proposta que se presentou ó Parlamento Europeo, o comisario de Xustiza e vicepresidente era Rocco Buttiglione. Ante a evidencia de que, por uns e outros motivos, o Parlamento non ía acepta-la Comisión, Durão Barroso realizou unha serie de cambios.
Tras ter sustituido a Rocco Buttiglione por Franco Frattini e a Ingrida Udre por Andris Piebalgs, presentouse definitivamente a Comisión ante o Parlamento e foi aprobada.
Na actualidade, José Manuel Durão Barroso é un dos homes máis destacados na escena política europea actual.
| Predecesor: Romano Prodi |
Presidente da Comisión Europea 2004 – Actualidade |
Sucesor: No cargo |