José Canalejas Casas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Canalejas Casas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Canalejas y Casas Editar o valor em Wikidata
4 de decembro de 1827 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de novembro de 1902 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro , político , científico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJosé Canalejas Méndez, Luis Canalejas Editar o valor em Wikidata
IrmánsFrancisco de Paula Canalejas y Casas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

José Canalejas Casas, nado en Barcelona en decembro de 1827 e finado en Madrid en novembro de 1902, foi un enxeñeiro, publicista e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de enxeñería industrial en Liexa.[1] Veu a Ferrol en 1854 para facerse cargo da Escola de Maquinistas da Armada,[2] e dirixiu o periódico El Eco Ferrolano.[3] Traballou na Compañía de los Caminos de Hierro de Ciudad Real a Badajoz.[4] Substituíu en 1876 como deputado polo distrito de Arévalo a Telesforo Gómez Rodríguez, elixido nas eleccións de 1876 da Restauración que renunciou por ser o cargo incompatible co de rexistrador da propiedade na localidade abulense.[5][6] En 1881 foi novamente elixido deputado polo distrito leridano de Les Borges Blanques, substituíndo a Manuel Vivanco Menchaca, elixido nas eleccións de 1879, que renunciou ao cargo en xaneiro de 1881.[7][8] Foi senador pola provincia de Ávila en 1891.[9] Foi membro do consello de administración da Sociedad Minero Metalúrgica de Peñarroya (SMMP).[10]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María del Amparo Méndez Romero e foi pai de José Canalejas, presidente do Consello de Ministros durante o reinado de Afonso XIII, e de Luis Canalejas, político e enxeñeiro.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Anuario de los progresos de la industria y la agricultura (1861)[11]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]