José Benito Guitián López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 Mosteiro, España |
Morte | 2001 (90/91 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre |
José Benito Guitián López, nado en Mosteiro (Bóveda) cara a 1910 e finado en 2001, foi un mestre galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Manuel Guitián e Manuela López. Estudou maxisterio na Escola Normal de Ourense, onde ingresou en 1931.[1] Foi elixido presidente da Asociación de mestres interinos e substitutos de Lugo en abril de 1935.[2] Ingresou no Maxisterio nos cursos de selección de 1936.[3] Foi mestre en Vilariño (Ribas de Sil).[4] En setembro de 1938 alistouse no exército franquista para evitar a persecución política. Pasouse ao bando leal. Foi membro das Milicias da Cultura na 72 división do exército republicano. Coa derrota da República pasou a Francia e foi internado no campo de concentración de Saint-Cyprien. Posteriormente exiliouse en México.[5] Sometido a depuración, foi separado do servizo e baixa na escala en 1943.[6]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Cidade de México con Araceli Proal Vázquez en decembro de 1942, e foi pai de Jose Benito e Leopoldo Manuel Guitián Proal.