Coleman Hawkins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thehawk.jpg

Coleman Hawkins, nado en San Jose (Missouri) o 21 de novembro de 1904 e finado en New York o 19 de maio de 1969, foi un saxofonista (tenor) e clarinetista estadounidense de jazz. O seu estilo mantívose sempre dentro dos límites do swing e mailo bop.

Nunha época na que o saxo era considerado un instrumento novo, usado até o momento no vodevil e como pobre substituto do trombón nos desfiles de orquestras, Hawkins axudou ao desenvolvemento dun son propio como instrumento cunha clara asociación coa música jazz. Durante algún tempo tocou o saxo baixo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coleman Hawkins comenzou a aprender a tocar o piano con cinco anos, cambiándose ao violoncello aos sete e ao saxo tenor aos nove. Profesional xa con doce anos, Hawkins tocaba nunha orquestra teatral de Kansas City en 1921 cando Mamie Smith o contratou para tocar coa súa banda Jazz Hounds. Hawkins estivo coa cantante de blues até xuño de 1923, facendo moitas gravacións nun papel secundario. Tras separarse dela, traballou de forma independente pola zona de New York, tocou un tempo con Wilbur Sweatman, e en agosto de 1923 fixo a súa primeira gravación con Fletcher Henderson. Cando Henderson formou unha orquestra permanente en xaneiro de 1924, Hawkins foi o saxo tenor principal. Nesa época manexaba tamén o clarinete e o saxo baixo.

Estivo con Henderson até 1934, etapa na que acompañou tamén a varios cantantes de blues, aos Cotton Pickers de McKinney e a Red McKenzie en 1929.

En Manhattan liderou bandas que incluíron futuras estrelas como Thelonious Monk, Oscar Pettiford, Miles Davis, Max Roach ou Dizzy Gillespie. Máis tarde gravou con J. J. Johnson e Fats Navarro. En 1948 gravou "Picasso", un tema clave para o saxo sen acompañamento.

Hawkins tivo unha influencia directa e clara sobre os músicos de bebop, e artistas como Sonny Rollins recoñeceron dita influencia. Asemade, aparece na gravación clásica Thelonious Monk with John Coltrane (1957) e na gravación We Insist! - Freedom Now (1960) de Max Roach.

Imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Coleman Hawkins

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]