Joe Lally

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joe Lally
Joe Lally.jpg
Nome completo
Alias
Naceu 3 de decembro de 1963 (49 anos)
Orixe Silver Spring, Maryland Estados Unidos Flag of the United States.svg
Morreu
Ocupación (s)
Xénero
Instrumento(s) baixo
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con Fugazi, Ataxia, Decahedron
Tempo en activo
Web

Joe Lally (nacido o 3 de decembro de 1963 en Silver Spring, Maryland) é un baixista estadounidense, coñecido sobre todo polo seu traballo na banda Fugazi, onde contribuíu ocasionalmente nas letras e nas voces da mesma.

Traballou con John Frusciante e Josh Klinghoffer no Automatic Writing da banda Ataxia. A principios de 2002 Lally uníuse a Shelby Cinca e Jason Hamacher, ex-membros de Frodus, nun proxecto orixinalmente chamado The Black Sea, que cambiou o seu nome para Decahedron, e editou un EP e un álbum antes de que Lally deixase a banda.

Paralelamente a esta actividade con diversas bandas logo do hiato de Fugazi, tamén se centrou nun pequeno selo discográfico chamado Tolotta co cal pretendía sacar e distribuir sinxelos de bandas que en principio terían dificultades para darse a coñecer, mais finalmente tamén chegou a editar discos de longa duración de bandas como Spirit Caravan e Stinking Lizaveta.

Con posterioridade Laly comezou a súa carreira en solitario. En 2006 aparece o seu primeiro LP There to Here gravado na Dischord House e no Inner Ear Studio por Ian MacKaye e Don Zientara, con contribucións de moitos amigos: Jason Kourkounis (Hot Snakes), Jerry Busher (French Toast), Danny Frankel (KD  Lang), Eddie Janney (Rites of Spring), Guy Picciotto (Fugazi), Ian Mackaye (The Evens, Fugazi), Amy Farina (The Evens), Scott "Wino" Weinrich (Spirit Caravan, Hidden Hand). O seu segundo e, até o de agora, último álbume Nothing Is Underrated saiu en 2007 e volve a contar coa participación de varios colegas: Ben Azzara (Capitol City Dusters), Andy Gale (Haram), Eddie Janny (Rites of Spring), Sam Krulewitch e Ricardo Lagomasino (Capillary Action), Ian MacKaye (Fugazi), Devin Ocampo (Medications) e Guy Picciotto (Fugazi).

Tamén en 2007 viu a luz a segunda parte das sesións que gravara en 2004 con Frusciante e Klinghoffer, no que supón o segundo álbume de Ataxia AW II e realizou unha xira polos EUA coa banda de Philadelphia Capillary Action e por Europa coa banda italiana Zu.

Índice

Discografía[editar]

Joe Lally[editar]

  • There to Here (Dischord, 2006)
  • Nothing Is Underrated (Dischord, 2007)

Con Fugazi[editar]

Álbums de estudio
EPs
  • Fugazi (Dischord, 1988)
  • Margin Walker (Dischord, 1989)
Sinxelos
  • "3 Songs" (Dischord, 1990)
  • "Furniture + 2" (Dischord, 2001)
Álbums ao vivo
Banda Sonora Orixinal
  • Instrument (Dischord, 1999)
Videos
  • Instrument (filme documental de Jem Cohen sobre Fugazi)
Libros

Con The Black Sea[editar]

  • The Black Sea (Lovitt, 2002) (Sinxelo)

Con Decahedron[editar]

  • Disconnection Imminent (Lovitt, 2004)

Con Ataxia[editar]

  • Automatic Writing (Record Collection, 2004)
  • AW II (Record Collection, 2007)

Ligazóns externas[editar]