Embrace
| Embrace | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Washington, D.C., Estados Unidos |
| Período | 1985 - 1986 |
| Xénero(s) | hardcore punk, post-hardcore, emo |
| Selo(s) discográfico(s) | Dischord Records |
| Membros | Ian MacKaye Michael Hampton Ivor Hanson Chris Bald |
| Antigos membros | |
| Web oficial | |
Embrace foi unha banda de curta vida de post-hardcore procedente de Washington, D.C., activa dende o verán de 1985 ata a primavera de 1986. Trátase du dos primeiros grupos en ser etiquetados pola prensa como emotional hardcore, aínda que os seus membros rexeitaron ese termo dende a súa creación. A banda incluía a Ian MacKaye de Minor Threat e a tres antigos membros da banda do seu irmán Alec, The Faith: o guitarrista Michael Hampton, o batería Ivor Hanson e o baixista Chris Bald. Hampton e Hanson tamén tocaran xa anteriormente xuntos en S.O.A. As únicas gravación realizadas polo cuarteto foi un álbum auto-titulado e un sinxelo.
Despois da separación de Embrace, MacKaye reuníuse co antigo batería de Minor Threat Jeff Nelson para formar Egg Hunt. Bald entrou na banda Ignition, e o batrista Ivor Hanson xuntouse con Hampton novamente en 1992 en Manifesto.