João Mendonça

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
João Mendonça
Información persoal
Nome João Francisco Mendonça Júnior
Nacemento 16 de decembro de 1929
Lugar de nacemento Luanda
Falecemento 15 de xaneiro de 2012
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Sporting de Lisboa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1949–1953 Juventude de Évora
1953–1954 Vitória de Setúbal 20 (13)
1954–1957 Torreense 42 (24)
1957–1958 Sporting de Braga 14 (6)
1958–1960 Vitória de Setúbal 31 (12)
1960–1961 Gil Vicente
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

João Francisco Mendonça Júnior, nado en Luanda o 16 de decembro de 1929 e finado o 15 de xaneiro de 2012, foi un futbolista portugués, de orixe angolana. Xogaba de dianteiro e era irmán dos tamén futbolistas Fernando e Jorge Mendonça.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Luanda, capital da África Occidental Portuguesa. Súa nai era angolana e seu pai un portugués enviado a Angola para traballar no Observatorio Meteorolóxico. Este foi fundador do Sporting Clube de Luanda.[1] A familia trasladouse logo a Portugal. Alí comezou a xogar xunto a seus irmáns na canteira do Sporting de Lisboa. Militou no Juventude de Évora, no Vitória de Setúbal, no Torreense, e no Sporting de Braga.

En 1958 chegou a Galicia xunto aos seus irmáns Fernando e Jorge para tentar salvar ao Deportivo da Coruña do descenso á Terceira División, cando só faltaban unhas poucas xornadas para o remate da tempada e o club ocupaba postos de descenso directo. Pero finalmente non puido xogar debido a problemas burocráticos, aínda que si o fixeron seus irmáns.[2][3] Regresou entón a Portugal, onde xogou de novo no Vitória e logo no Gil Vicente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Giraldo, Javier (1 de febreiro de 2018). "Jorge Alberto Mendoza, la increíble historia del culé que se hizo predicador". Sport (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2020. 
  2. "Cartabia, Braga y los Mendonça". La Opinión A Coruña (en castelán). 6 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  3. "El Deportivo venció al Sporting de Braga por dos tantos a uno". La Noche (en castelán) (11585). 2 de maio de 1958. p. 6. Consultado o 28 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]