Jesús Teijeiro Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Teijeiro Pérez
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1892 Editar o valor em Wikidata
Baamonde, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Jesús Teijeiro Pérez, nado en Baamonde (Begonte) o 5 de xaneiro de 1892 e finado en Oviedo o 27 de outubro de 1936, foi un militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario de Lugo, pero despois ingresou na Academia de Infantería de Toledo en 1912, e recibiu o despacho de segundo tenente en 1915. En 1917 incorporouse ao 2º Batallón de Cazadores de Madrid en Tetuán. En 1921 solicitou o ingreso na Legión de Extranjeros, e en 1925 encargouse do mando da 5ª Bandeira da Legión, participando no desembarco de Alhucemas. Ascendeu a Tenente Coronel en 1928, deixou a Legión, e foi destinado na Zona de Reclutamento de Lugo, onde casou con Luisa Revilla Vidal. Coa proclamación da República e a promulgación da Lei Azaña, solicitou o retiro e marchou residir á Coruña. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 ofreceuse ao seu amigo o Coronel Martín Alonso, que lle encargou organizar e instruír as milicias Caballeros de La Coruña. Organizáronse as columnas galegas para avanzar sobre Asturias, unha delas estaba baixo o mando do comandante Ceano, que ocupou Ribadeo, A Veiga e Navia. Cando o comandante Ceano resultou gravemente ferido, enviaron a Teijeiro para substituílo. Entrou en Oviedo o 17 de outubro de 1936, rompendo o cerco que sufría a cidade. Poucos días despois, o 27 de outubro, morreu vítima dun bombardeo.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Unha rúa de Oviedo leva o seu nome e ten un monumento na antigamente denominada praza da Liberación. Unha rúa da Coruña recibiu o seu nome entre febreiro de 1939 e xaneiro de 2016.[1][2].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]