Sergio Iglesias Pazos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSergio Iglesias Pazos
Biografía
Nacemento1930 Editar o valor em Wikidata
Vila de Cruces, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de maio de 1990 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Chapa, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
1974 – 1990 – Jesús Otero Varela → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Sergio Iglesias Pazos, nado en Vila de Cruces en 1930 e finado en Chapa (Silleda) o 16 de maio de 1990,[1] foi un político galego, alcalde de Vila de Cruces.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo do falecemento do alcalde José Luis Castelo González foi proclamado alcalde de Vila de Cruces ao ser o único candidato en xaneiro de 1976.[2] Nas primeiras eleccións democráticas presentouse encabezando a lista de UCD, obtendo trece escanos e a maioría absoluta. Nas eleccións de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Independientes de Galicia (CIG) obtendo de novo a alcaldía por maioría absoluta. Nas municipais de 1987, nas que se presentou polo Alianza Popular, volveu revalidar a alcaldía por maioría absoluta.

Finou en Chapa nun accidente o 16 de maio de 1990 con 60 anos. Tras o seu falecemento asumiu a alcaldía o seu compañeiro Jesús Otero Varela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 17-5-1990, p. 28.
  2. El Pueblo Gallego, 16-1-1976, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Luis Castelo González
 
Alcalde de Vila de Cruces
 
1976 - 1990
Sucesor:
Jesús Otero Varela