Jesús Ares Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Ares Vázquez
Biografía
Nacemento26 de abril de 1933 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Vilamor, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Toques
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , taxista , gandeiro Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia
Unión de Centro Democrático Editar o valor em Wikidata

Jesús Ares Vázquez, nado Vilamor (Toques) o 26 de abril de 1933, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou como taxista e gandeiro. Concelleiro en Toques dende 1974. Membro de UCD, foi o número 2 da candidatura Independentes de Souto nas primeiras eleccións democráticas[1], sendo a única que se presentou, e foi elixido concelleiro. Trala dimisión de Victorino Sánchez Rodríguez en 1982 foi elixido novo alcalde. Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas sucesivas eleccións, por CP (1983), pola CPG (1987) e polo PPdeG (1991, 1995, 1999 e 2003).

Condena[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2001 foi denunciado por abusos sexuais a unha rapaza de 15 anos, filla dun compañeiro de partido e membro das súas listas. Por estes feitos foi condenado en xaneiro de 2004, e negouse a dimitir[2][3] tralo cal foi expulsado do PPdeG. Concorreu ás municipais de 2007 encabezando a formación Xuntos Cara o Progreso de Toques, a cal resultou ser a máis votada pero sen maioría absoluta, polo que se uniron PSdeG, PPdeG, con 2 concelleiros cada partido, e o BNG cun único concelleiro,[4] para formar un goberno conxunto e apartalo da alcaldía, o cal levou á súa retirada da primeira liña política nese mandato.

Polémicas[editar | editar a fonte]

Ademais da denuncia e condena xa nomeadas, en 1995 quixo instalar unha fábrica de explosivos no municipio, o cal levou a un levantamento veciñal que chegou a ocupar o consistorio e supuxo que desistise da idea.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou e tivo 2 fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia A Coruña, 1-4-1979, p.38
  2. D., L. (27 de xaneiro de 2004). "El alcalde de Toques se enfrenta al PP de Galicia y anuncia que no dimitirá de su cargo". libertaddigital.com (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2023. 
  3. EFE (28 de xaneiro de 2004). "El alcalde de Toques se niega a dimitir en un pleno en el que se empujó e insultó a los periodistas". elmundo.es (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2023. 
  4. Redacción (28 de maio de 2007). "Complicado panorama Toques con pérdida de mayoría del alcalde condenado por abusos". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Victorino Sánchez Rodríguez
 
Alcalde de Toques
 
1982 - 2007
Sucesor:
Miguel Ángel Buján Varela