Jeanette

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jeanette.JPG

Janette Anne Dimech, musicalmente coñecida como Jeanette, nada en Londres o 10 de outubro de 1951, é unha cantante británica vencellada á cultura española, intérprete de temas musicais cantados en español, pero tamén en catalán, inglés e francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de nai canaria, natural de Santa Cruz de Tenerife e pai do antigo Congo Belga, de ascendencia maltesa, os pais de Jeanette coñecéronse na capital británica, cando as Illas Canarias comerciaban con Gran Bretaña na exportación e importación de froiteiras. Os avós maternos da cantante, ambos os dous dedicados ao comercio e aos negocios, decidiron inmigrar xunto á súa nai a Londres.

Jeanette naceu e viviu en Londres até 1953, cando os seus pais se mudaron aos Estados Unidos instalándose primeiro en Chicago e a partir de 1961 en Los Angeles, onde anos máis tarde naceron os seus dous irmáns menores. O divorcio dos pais afectou á cantante, quedando a custodia en poder da súa nai, quen decidiu volver ao seu país de orixe, instalándose en Barcelona a partir de 1964, onde entra a formar parte do grupo Brenner's Folk que derivarían en Pic-Nic.

Tras a desintegración de Pic-Nic, a moza de 18 anos decide casar con Laszio Kristofe, un amigo do ex futbolista de orixe húngara Zoltán Czibor e comeza a súa vida en Viena, dedicada a labores rutineiros domésticos. Mais, a compañía HISPAVOX pensou na voz da vocalista de Pic-Nic así que non dubido en buscala para empezar unha aventura musical. Despois Jeanette instálase en España, onde coñece a moitos compositores.

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Pic-Nic[editar | editar a fonte]

  • 1968: Pic-Nic
  • 1969: Cállate, niña

Como Jeanette[editar | editar a fonte]

  • 1973: Palabras, promesas
  • 1976: Porque te vas
  • 1977: Todo es nuevo
  • 1981: Corazón de poeta
  • 1983: Reluz
  • 1984: Ojos en el sol
  • 1989: Loca por la música
  • 1996: Sigo rebelde (Recopilatorio)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]