Jan Steen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autorretrato, 1670.
Campesiños diante dun albergue.

Jan Havickszoon Steen, nado en Leiden cara a 1626 e sepultado na mesma vila o 3 de febreiro de 1679, foi un pintor neerlandés de obras xénero painter do século XVII (a Idade de Ouro de Holanda). Os seus trazos distintivos son a visión psicolóxica, o sentido do humor e o colorido.

Vida[editar | editar a fonte]

A súa familia católica era ben coñecida na vila natal, onde rexentaron a taberna The Red Halbert durante varias xeracións. O mesmo que o seu máis famoso contemporáneo Rembrandt van Rijn, Jan Steen asistíu á Escola Latina de Leiden. Foi educado pictoricamente por Nicolaes Knupfer (1603-1660), un pintor alemán, especializado en escenas históricas e figurativas, en Utrecht. A influencia de Knupfer pode atoparse nos usos compositivos e na cor. Outra fonte de inspiración foi Adriaen van Ostade (1610 - 1685), pintor de escenas rurais e de interior, que vivía en Haarlem. Se Steen estudou con Ostade é descoñecido.

En 1648 Jan Steen entrou na Sint Lucas Guild (Confraría de San Lucas) de pintores en Leiden, mais cedo se converteu no axudante do renomeado pintor paisaxista Jan van Goyen (1596-1656), trasladándose á súa casa da Bierkade en A Haia. No 3 de outubro de 1649 casou con a filla de Jan van Goyen, Margriet, con quen tivo sete fillos. Steen traballou co seu sogro ata 1654, ano no que se traslada a Delft, onde abriu a cervexaría De Roscam, sen grande éxito. Vivíu en Warmond de 1656 a 1660 e en Haarlem desde 1660 ata 1670, período no que foi especialmente produtivo. En 1670, logo do pasamento da súa muller en 1669 e do seu pai en 1670, Steen regresou a Leiden, onde permaneceu polo resto da súa vida. En abril de 1673 casou de novo, con Maria van Egmont, que lle dou un outro fillo. En 1674 foi presidente da Sint Lucas Guild. Faleceu en Leiden en 1679, sendo enterrado na tumba familiar na Pieterskerk.

Actividade artística[editar | editar a fonte]

Steen é un dos pintores máis apreciados do Barroco holandés, ata o punto que algún pensa que a súa fama só foi superado por Rembrandt e Vermeer. Foi un autor prolífico, callándose que pintou uns 800 cadros, dos que subsisten arredor de 350. Con frecuencia os membros da súa familia posaron como modelos. Nos seus varios autorretratos adoitou representarse modestamente.

Un dos asuntos preferidos de Steen eran as “escenas de xénero”, nas que monta un ambiente vivaz e desordenado, cheo de nenos barulleiros. Porén era un mestre pintando meniños.

Outro dos seus temas preferidos era o do médico que visita a unha muller doente; son polo menos vinte as teas súas nas que representa este tema. A dona é case sempre nova e apática, e de seguro o seu mal é de amores.

Outros cadros están dedicados a representacións eróticas, as veces en forma de farsa e noutros casos en forma tráxica. En troca, os temas paisaxísticos son escasos e sempre con temas rurais.

Non abunda as composicións relixiosas e mitolóxicas.

Galería[editar | editar a fonte]