James Pollock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJames Pollock

James Pollock
Gobernador de Pensilvania
(1855-1858)
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
(1861-1866) / (1869-1873)

Biografía
Nacemento11 de setembro de 1810
Milton.
Pensilvania.
Morte19 de abril de 1890 (79 anos)
Lock Haven.
Pensilvania.
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
maio de 1861 – setembro de 1866
← James Ross SnowdenWilliam Millward →
13º Governador da Pensilvânia (pt) Traducir
16 de xaneiro de 1855 – 19 de xaneiro de 1858
← William Bigler (pt) TraducirWilliam F. Packer (pt) Traducir →
Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos
5 de abril de 1844 – 3 de marzo de 1849
← Henry Frick (politician) (pt) TraducirJoseph Casey (congressman) (pt) Traducir →
Circunscrición electoral: Pennsylvania's 13th congressional district (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
Educación Universidade de Princeton.
Actividade
Lugar de traballo Washington, D.C. Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPolítico e alto funcionario.

Partido políticoPartido Whig dos Estados Unidos Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Sinatura

WikiTree: Pollock-719 Find a Grave: 10614670 Editar o valor em Wikidata


James Pollock, nado en Milton, Pensilvania, o 11 de setembro de 1810 e finado en Lock Haven, no mesmo Estado, foi un xurista, político e alto funcionario estadounidense, gobernador de Pensilvania de 1855 a 1858 e director da Casa da Moeda dos Estados Unidos nos períodos 1861-1866 e 1869-1873.

Traxectroia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación en dereito[editar | editar a fonte]

James Pollock naceu en Milton, no condado de Northumberland, Pensilvania, o 11 de setembro de 1810,[1][2] fillo de Sarah Wilson e de William Pollock.[3]

Na súa cidade natal asistiu á escola privada Kirkpatrick.[2] Logo cursou estudos de Dereito na Universidade de Princeton, onde se graduou en 1831. Ingresou no Colexio de Avogados de Pensilvania en 1833,[4] e dous anos máis tarde foi nomeado fiscal do condado de Northumberland.[1][2][3]

Carreira política[editar | editar a fonte]

Pollock foi elixido membro da Cámara de Representantes polo partido Whing, posto que ocupou desde o 5 de abril de 1944 ao 4 de marzo de 1850.[1][2][4] Durante este período presentou un proxecto de lei en 1848 e posteriormente encabezou un comité para favorecer a construción da liña de ferrocarril á costa do Pacífico.[3]

Tarxeta postal cunha imaxe da toma de posesión de James Pollock como Gobernador de Pensilvania.

Posteriormente foi elixido gobernador do Estado de Pensilvania e serviu neste cargo entre 1854 e 1858,[1][4] ano en que declinou presentarse á reelección para seguir dedicándose ao dereito.[2][3]

Dirección da Casa da Moeda dos EEUU[editar | editar a fonte]

O presidente Abraham Lincoln nomeou a Pollock director da Casa da Moeda dos Estados Unidos en maio de 1861,[3][4] nuns momentos de grande escaseza de moeda miúda no país. El foi o promotor da inclusión do lema IN GOD WE TRUST nas moedas dos Estados Unidos, que segue aínda vixente.[1][2][5]

O seu primeiro mandato á fronte da US Mint concluíu en setembro de 1866 e Pollock retornou á actividade privada, mais en maio de 1869 o presidente Ulysses S. Grant volveu nomealo para ocupar a dirección, posto que mantivo ata marzo de 1873.[2][4] A partir deste ano, e en virtude da Lei da Moeda de 1873, pasou a ocupar o cargo de superintendente da Casa da Moeda de Filadelfia ata 1879.[1][4][6]

Entre 1880 e 1884, Pollock serviu como funcionario naval de alfándegas e en 1886 foi nomeado Supervisor Federal Xefe de eleccións.[2][6]

Entre outras entidades asociativas e académicas, Pollock ingresou en 1863 na Sociedade Filosófica Americana.[7]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

James Pollock era un home cunha profunda fe relixiosa e formou parte da Asociación Nacional da Reforma, que procuraba introducir unha emenda acerca da relixión na Constitución dos Estados Unidos.[5]

Pollock casou con Sarah Ann Hepburn en 1837, con quen tivo tres fillos e cinco fillas.[1]

Faleceu en Lock Haven, Pensilvania,[1] o 19 de abril de 1890,[6] e foi soterrado no cemiterio de Milton.[2][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Smith, P. (2012).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Pollock, James". Bibliographical Directory of the United States Congress.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Failor, K. M.; Hayden, E. (1969). Páxina 134.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Evans, G. G. (1893).
  5. 5,0 5,1 Myers, R. A. (2020). "How did "In God We Trust" come to be on American currency? A 19th century Presbyterian played a major role". Log College Press. 25 de xullo.
  6. 6,0 6,1 6,2 Failor, K. M.; Hayden, E. (1969). Páxina 135.
  7. "James Pollock". American Philosophical Society Member History Database.
  8. "James Pollock". Find a Grave.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Evans, G. G. (1893). "James Pollock, A.M., LL.D,". En Illustrated history of the United States mint... G. G. Evans, Filadelfia. Páxina 103.
  • Failor, K. M.; Hayden, E. (1969). "James Pollock". En Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Páxinas 134-135.
  • Smith, P. (2012). "Pollock, James". En American Numismatic Biographies. Páxina 291.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
James Ross Snowden
Henry Linderman

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1861-1866
1869-1873
Sucesor:
William Millward
Henry Linderman