James Mark Baldwin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
James Mark Baldwin.

James Mark Baldwin, nado en Columbia (Carolina do Sur) o 12 de xaneiro de 1861 e finado en París o 8 de novembro de 1934, foi un filósofo e psicólogo nortemericano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educouse en Princeton e en varias universidades alemás, foi profesor de filosofía na Universidade de Toronto (1889) e psicoloxía en Princeton (1893) e dende 1903 de filosofía e psicoloxía na Universidade Johns Hopkins. Baldwin foi un dos fundadores da Psychological Review e director entre 1894 e 1909.

O legado teórico máis importante de Baldwin foi o concepto do Efecto Baldwin ou revolución baldwiniana, un fenómeno relacionado coa aprendizaxe humana, para Baldwin condicións xenéticas transmisibles por herdanza poden facer maís fácil a aprendizaxe de técnicas e trucos que confiren aos que os posúen vantaxe evolutiva.