James Gandolfini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
James Gandolfini
Nome completoJames J. Gandolfini Junior
Nacemento18 de setembro de 1961
LugarWestwood
Falecemento19 de xuño de 2013
LugarRoma
CausaMiocardiopatía
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enUniversidade Rutgers, Lee Strasberg Theatre and Film Institute e Park Ridge High School
Cónxuxe(s)Marcy Wudarski e Deborah Lin
FillosMichael Gandolfini
Profesiónactor e actor de televisión
Na rede
http://www.gandolfini.com
IMDB: nm0001254 Allocine: 18984 Rottentomatoes: celebrity/james_gandolfini Allmovie: p25753 TCM: 68106 Metacritic: person/james-gandolfini TV.com: people/james-gandolfini IBDB: 72749
Musicbrainz: 591da326-e93f-46ab-b6e9-d2f60d11e352 WikiTree: Gandolfini-1 Find a Grave: 112586398 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

James Joseph Gandolfini Jr.,[1] nado o 18 de setembro de 1961 en Westwood (Nova Jersey e finado o 19 de xuño de 2013 en Roma (Italia), foi un actor estadounidense, máis coñecido polo seu papel de Tony Soprano, un xefe da mafia italoamericano na serie da HBO The Sopranos. Foi amplamente aclamado pola súa interpretación, gañando tres premios Emmy, tres premios do Sindicato de Actores e un Globo de Ouro.

Entre os seus papeis máis notables, salientan Virgil en True Romance (1993), o tenente Bobby Dougherty en Crimson Tide (1995) e o alcalde de Nova York en The Taking of Pelham 123 (2009). Outros papeis de sona foron o de Bear en Get Shorty (1995) e o impulsivo "Wild Thing" Carol en Onde viven os monstros (2009). Pola súa interpretación do papel de Albert en Enough Said (2013), Gandolfini recibiu postumamente moi boas críticas e numerosos galardóns, incluíndo un nomeamento ó premio do Sindicato de Actores e un premio da Sociedade de Críticos de Cinema de Boston ó mellor actor secundario.

En 2007, Gandolfini produciu Alive Day Memories: Home from Iraq, un documental no cal entrevista a veteranos feridos da guerra de Iraq, e en 2010, Wartorn: 1861–2010, unha ollada ó trastorno por estrés postraumático nos soldados e familias ó longo das diversas guerras na historia dos Estados Unidos, dende 1861 até 2010.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The New York Times (ed.). "James Gandolfini Is Dead at 51; a Complex Mob Boss in 'The Sopranos'". Consultado o 5 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]