Jakub Błaszczykowski
Błaszczykowski con Polonia en 2011 |
|||
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Jakub Błaszczykowski | ||
| Nacemento | 14 de decembro de 1985 (27 anos) | ||
| Lugar | Truskolasy, Polonia | ||
| Altura | 1,75 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Borussia Dortmund | ||
| Número | 16 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1993–2002 | Raków Częstochowa | ||
| 2002 | Górnik Zabrze | ||
| 2003 | KS Częstochowa | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2003–2004 | KS Częstochowa | 24 | (11) |
| 2005–2007 | Wisła Kraków | 51 | (3) |
| 2007– | Borussia Dortmund | 141 | (14) |
| Selección nacional | |||
| 2004 | Polonia sub-19 | 25 | (0) |
| 2005–2006 | Polonia sub-21 | 25 | (0) |
| 2005 | Polonia B | 25 | (0) |
| 2006– | Polonia | 25 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 26 de maio de 2012. † Aparicións (Goles) ‡ Actualizado a 8 de xuño de 2012. |
|||
Jakub Błaszczykowski, nado o 14 de decembro de 1985 en Truskolasy, é un futbolista polaco. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o Borussia Dortmund. É o capitán da Selección de fútbol de Polonia.
Índice |
Traxectoria [editar]
Club [editar]
Comezou a súa carreira por varios equipos polacos, antes de fichar polo Wisła Kraków. Conseguiu rapidamente chegar ao primeiro equipo, e xogou o seu primeiro partido na Ekstraklasa o 20 de marzo de 2005 contra o Polonia Warsaw.
En febreiro de 2007, Błaszczykowski asinou un contrato de catro anos co Borussia Dortmund. Anotou o seu primeiro gol na Bundesliga o 25 de abril de 2008 contra o Eintracht Frankfurt, nun partido que remataría con empate a un gol. Gañou dúas ligas consecutivas co Borussia Dortmund, nas tempadas 2010-11 e 2011-12. Gañou ademais a Copa de Alemania na tempada 2011-12, tras gañarlle 5-2 ao Bayern de Múnic.[1]
Selección [editar]
Błaszczykowski debutou coa selección de Polonia nun amigable contra Arabia Saudí o 28 de marzo de 2006. Foi incluído no plantel polaco para disputar a Eurocopa de Austria/Suíza de 2008, pero mancouse e tivo que retirarse da concentración.
Foi incluído tamén no plantel da selección polaca para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012.
Palmarés [editar]
Club [editar]
- Wisła Kraków
- Ekstraklasa: 1
-
- 2004–05
- Borussia Dortmund
- Bundesliga: 2
-
- 2011–12
- Supercopa de Alemaña: 1
-
- 2008
Notas [editar]
- ↑ "Król Lewandowski, Borussia z pucharem!" (en polaco). przegladsportowy.pl. 12 de maio de 2012. http://bundesliga.przegladsportowy.pl/Pilka-nozna-Puchar-Niemiec-Borussia-Domrtund-Bayern-Monachium-5-2,artykul,137015,1,458.html. Consultado o 12 de maio de 2012.