Jürgen Schmidhuber

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJürgen Schmidhuber

(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xaneiro de 1963 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Múnic, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Adjunct professor (en) Traducir Università della Svizzera italiana (en) Traducir
2021 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Técnica de Múnic - Dr. rer. nat. (pt) Traducir (–1991) Editar o valor em Wikidata
Director de teseWilfried Brauer (pt) Traducir e Klaus Schulten (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoIntelixencia artificial Editar o valor em Wikidata
Ocupacióninformático teórico , profesor universitario , investigador da intelixencia artificial , cofundador (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorDalle Molle Institute for Artificial Intelligence Research (en) Traducir (1995–)
Universidade Técnica de Múnic
Università della Svizzera italiana (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoAlex Graves (en) Traducir, Daan Wierstra (pt) Traducir, Marco A Wiering (en) Traducir e Denis Deratani Mauá (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: SchmidhuberAI Editar o valor em Wikidata


Jürgen Schmidhuber, nado en Múnic o 17 de xaneiro de 1963,[1] é un científico informático alemán coñecido polo seu traballo no campo da intelixencia artificial, concretamente nas redes neurais artificiais. É director científico do Instituto Dalle Molle para a Investigación en Intelixencia Artificial en Suíza.[2]

É máis coñecido polo seu traballo fundacional e moi citado[3] sobre a memoria longa a curto prazo (LSTM), un tipo de arquitectura de rede neural que se converteu na técnica dominante para varias tarefas de procesamento da linguaxe natural en investigación e aplicacións comerciais na década de 2010.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Schmidhuber completou os seus estudos de licenciatura (1987) e doutoramento (1991) na Universidade Técnica de Múnic en Múnic, Alemaña.[1] Os seus titores de doutoramento foron Wilfried Brauer e Klaus Schulten.[4] Alí ensinou desde 2004 ata 2009. Desde 2009,[5] ata 2021, foi profesor de intelixencia artificial na Universidade da Suíza Itasliana en Lugano, Suíza.[1]

Foi director do Instituto Dalle Molle para a Investigación en Intelixencia Artificial (IDSIA), un laboratorio de intelixencia artificial suízo, desde 1995.[1]

En 2014, Schmidhuber formou unha empresa, Nnaisense, para traballar en aplicacións comerciais da intelixencia artificial en campos como as finanzas, a industria pesada e os coches autónomos. Sepp Hochreiter, Jaan Tallinn e Marcus Hutter son conselleiros da compañía.[2] As vendas foron inferiores a 11 millóns de dólares en 2016; con todo, Schmidhuber afirma que a énfase actual está na investigación e non nos ingresos. Nnaisense aumentou a súa primeira rolda de financiamento de capital en xaneiro de 2017. O obxectivo xeral de Schmidhuber é crear unha intelixencia artificial xeral adestrando unha única IA en secuencia nunha variedade de tarefas limitadas.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Schmidhuber, Jürgen. "Curriculum Vitae"
  2. 2,0 2,1 Markoff, John (2016). "When A.I. Matures, It May Call Jürgen Schmidhuber ‘Dad’". The New York Times. 
  3. "Juergen Schmidhuber". scholar.google.com. Consultado o 2021. 
  4. "Jürgen H. Schmidhuber". The Mathematics Genealogy Project. Consultado o 2022. 
  5. O'Leary, Dave (2016). "The Present and Future of AI and Deep Learning Featuring Professor Jürgen Schmidhuber". IT World Canada. 
  6. "AI Pioneer Wants to Build the Renaissance Machine of the Future". Bloomberg.com. 2017. Consultado o 2018.