Ivor Guest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ivor Churchill Guest, 1º Visconde Wimborne, Conselleiro Privado da Súa Maxestade, nado o 16 de xaneiro de 1873 e finado o 14 de xuño de 1939, coñecido como The Lord Ashby St Ledgers entre 1910 e 1914 e como The Lord Wimborne entre 1914 e 1918, foi un político británico e un dos últimos Lord Tenente de Irlanda, estando neste cargo durante o Alzamento de Pascua de 1916 en Dublín.