István Nyers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
István Nyers
Información persoal
Nome completo István Nyers
Nacemento 25 de maio de 1924
Lugar Freyming-Merlebach, Francia
Altura 1,74 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1938-1941 III. Kerületi TUE
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1941–1944 Szabadkai Vasutas AC
1944 Zuglói GANZ
1945 Kispest AC 3 (0)
1945-1946 Újpesti FC 20 (18)
1946 FK Viktoria Žižkov 3 (1)
1946-1948 Stade Français FC 62 (34)
1948-1954 Inter de Milan 182 (133)
1954 Servette FC 0 (0)
1954-1956 AS Roma 54 (20)
1956-1957 FC Barcelona 0 (0)
1957 Terrassa FC 0 (0)
1958 CE Sabadell FC 0 (0)
1958-1960 Calcio Lecco 1912 36 (11)
1960-1961 Marzotto Valdagno 11 (0)
Selección nacional
1945-1946 Selección de fútbol de Hungría 2 (2)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

István Nyers tamén coñecido coma Stefano Nyers, nado o 25 de maio de 1924 en Freyming-Merlebach, Francia, e finado o 9 de marzo de 2005 en Subotica, Serbia, foi un futbolista húngaro que xogaba na demarcación de dianteiro. A pesar de so ter disputado dous encontros ca Selección de fútbol de Hungría está considerado como un dos mellores xogadores deste país, desenvolvendo o mellor da súa carreira futbolistica no Inter de Milan.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Francia nunha familia de emigrantes húngaros que traballaban na minaría, aos catorce anos trasladouse ca súa familia a Budapest onde comezou a xogar no III. Kerületi TUE. Debutou oficialmente con 17 anos no Szabadkai VAC, equipo Iugoslavo que xogaba na liga húngara despois da anexión deste país da rexión ao comezo da Segunda Guerra Mundial.

En 1944 fichou polo Zuglói GANZ e en 1945 polo Újpest FC, co que gañou a Liga húngara en 1945 e 1946. Ese último ano emigrou, fichando polo FK Viktoria Žižkov checoslovaco e polo Stade Français FC francés despois.

En 1948 fichou polo Inter de Milan onde se convertiu nun dos mellores goleadores da historia da Serie A italiana. No equipo milanista proclamouse campión do Campionato italiano en 1953 e 1954, proclamandose tamén máximo goleador do campionato no seu primeiro ano no equipo.

En 1954 deixou o equipo e fichou, tras un breve paso polo Servette FC, polo AS Roma, onde militou dous anos. Ao cabo deste período fichou por diferentes equipos catalans, FC Barcelona, Terrassa FC e CE Sabadell FC, sen chegar a disputar ningún encontro.

Finalmente retirouse en 1961, xogando en equipos menores da liga italiana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]