Intelligentsia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A 'intelligentsia (do Latín: intelligentia) é unha clase social formada por persoas involucradas en complexas actividades intelectuais e creativas orientadas ao desenvolvemento e a diseminación da cultura, incluíndo intelectuais e grupos sociais próximos a eles. O termo foi tomado ou ben do ruso, unha transliteración de ("intelliguéntsiya") ou ben do polaco. Os dous derivaron en principio da palabra francesa "intelligence". Ao comezo, o termo aplicouse no contexto de Polonia, Rusia e máis tarde, á Unión Soviética, e tivo un significado máis estreito baseado na autodefinición dunha certa categoría de intelectuais.

Historia do concepto[editar | editar a fonte]

A noción dunha elite intelectual como un estrato social distinguido ten orixes afastadas na historia. Por exemplo, os reis filósofos e os gardiáns da República de Platón e os monxes da Europa Medieval, quen agora son vistos como custodios da historia e a cultura.

O primeiro uso do termo "intelligentsia" (en ruso: интеллигенция) parece ocorrer no Imperio Ruso na primeira metade do século XIX. Por exemplo, a palabra aparece casualmente nos diarios de Vasily Zhukovsky, datados en 1836. En Polonia, ou máis precisamente Gran Polonia (que era entón parte de Prusia) o termo foi popularizado nun sentido máis próximo ao presente polo filósofo polaco Karol Libelt, e o seu uso estendeuse na ciencia polaca logo da publicación da súa "O miłości ojczyzny" (Sobre o amor á patria) en 1844, na cal define "inteligencja" como aqueles membros educados da poboación que asumen un rol de liderado como académicos, profesores, clero, enxeñeiros e "que se guían pola razón do seu superior esclarecemento". O termo foi tamén popularizado por un escritor ruso, Pyotr Boborykin, na década de 1860s. Boborykin proclamouse como "avó" da noción en 1904. Daquí a noción estendeuse ao inglés e outros idiomas. En inglés, a palabra aplícase frecuentemente para describir a "intelligentsia" nos países de Europa Central e Europa do Leste no século XIX e XX. A distinción está baseada en que a situación cultural e económica dos intelectuais neses países é diferente á que existe en Europa Occidental ou en Norteamérica.

A emerxencia de clases de elite de intelectuais ou persoas con boa formación intelectual foi observada noutros países de Europa (por exemplo, "intellectuels" en Francia e "Gebildete" en Alemaña). Con todo, no Imperio Ruso este proceso tivo características propias. Estas diferenzas foron causadas por distintos procesos históricos, cuxa influencia está aínda en disputa polos historiadores. A presenza de réximes autocráticos de longa duración ou un baixo nivel de educación xeral nestes países durante o século XIX cóntase entre estes factores. Esta situación puido motivar aos intelectuais locais a elaborar un sistema de valores comúns e un sentido de empatía mutua.

Adicionalmente, a intelligentsia en Europa Central e do Leste, dividida maiormente en cuestións nacionais, desenvolveu un sentido de responsabilidade pola propia nación, incluíndo o credo de que o progreso desta dependía do nivel cultural da intelligentsia nacional. Esta confianza levou con frecuencia á intelligentsia de Europa do Leste a ocupar o rol dunha inexistente oposición política, e as posicións tomadas pola intelligentsia tiveron consecuencias significativas nas revolucións ou movementos de libertazón nacional en Europa Central e do Leste.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]