Infinity Ward

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Infinity Ward é unha compañía de videoxogos norteamericana fundada en 2002 por 22 antigos empleados de 2015, Inc.. En outubro de 2003 foi contratada por Activision, que lle encargou a programación de varias entregas de Call of Duty.

Reputación do estudo[editar | editar a fonte]

O seu primeiro xogo que programou foi Call of Duty, que recibiu boas críticas e varios premios [1]. Tanto Call of Duty 4: Modern Warfare coma Call of Duty: Modern Warfare 2 lograron vender máis de 10 millóns cada un deles [2] [3] [4] [5].

Motores gráficos empregados[editar | editar a fonte]

A primeira creación do estudo empregou o motor Id Tech 3, mentres que Call of Duty 2 empregou unha versión modificada do mesmo motor, que agora suportaba DirectX 9. Para Modern Warfare usaron un motor propio, non aplicado en previos videoxogos [6]. O mesmo motor foi empregado por Activision noutros xogos da compañía, coma Call of Duty: World at War e Quatum of Solace [7] [8]. Para Modern Warfare 2 optaron por unha versión máis avanzada do motor de Modern Warfare, denominada IW 4.0.

Conflito con Activision[editar | editar a fonte]

En marzo de 2010, Activision despediu a dous dos empregados de maior rango de Infinity Ward. Activision alegou que a decisión se debía a que ambos os dous mantiñan en segredo conversacións con Electronic Arts [9]. Pola súa banda, os despedidos reclaman que Activision non cumpriu cunha serie de pagamentos derivados das vendas de Modern Warfare 2. Reclaman ademais os dereitos da franquía Modern Warfare [10]. Días despois, Activision afirmou que Infinity Ward seguirá sendo un dos piares da programación de Call of Duty [11].

Notas[editar | editar a fonte]

Xogos programados por Infinity Ward[editar | editar a fonte]