Call of Duty 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Call of Duty 2 ´é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty, ambientado durante a Segunda Guerra Mundial. Desenvolvido por Infinity Ward e distribuído por Activision, foi lanzado o 4 de novembro de 2005 para PC. Un mes máis tarde formou parte dos xogos de lanzamento de Xbox 360. No ano 2009 púxose a venda en formato descargable a través de Xbox Live, servizo online de Xbox 360.

Argumento[editar | editar a fonte]

O xogo recrea varias campañas da guerra: en 1941, os combates de inverno nas proximidades de Moscova, en 1942 a batalla de Stalingrado, en 1943 a guerra do deserto e en 1944, a campaña de Francia.

Crítica[editar | editar a fonte]

En xeral recibiu boas cualificacións, acadando un 86 a versión de PC [1] e un 89 en Xbox 360 [2] ambas en Metacritic.

Vendas[editar | editar a fonte]

A versión de Xbox 360 case chega aos 2'5 millóns de unidades [3].

Notas[editar | editar a fonte]