Call of Duty: Modern Warfare 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Call of Duty: Modern Warfare 2, tamén denominado Modern Wafare 2 é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty. Programado por Infinity Ward e distribuído por Activision, foi lanzado en novembro de 2009 para PC Windows, Xbox 360 e Playstation 3. Segue a liña argumental iniciada por Call of Duty 4: Modern Warfare.

Argumento[editar | editar a fonte]

Continúa a historia de Call of Duty 4: Modern Warfare, xogo co que comparte numerosas personaxes. A acción comeza en Afganistán, onde as forzas especiais estadounidenses e británicas combaten contra insurxentes. A partir de entón, sucédense varios actos terroristas por Europa, instigados polas forzas ultranacionalistas rusas.

Estilo de xogo[editar | editar a fonte]

Segue a liña dos seus predecesores, un FPS (first person shooter), con modo campaña para un xogador, e con varias personaxes máis controladas pola máquina. Tamén contén un modo multixogador en liña e unha serie de misións especiais a modo de extra. O armamento presentado é real, incluíndo rifles de asalto, escopetas, pistolas e granadas. Non obstante, varios críticos afirmaron del que era demasiado parecido a Call of Duty 4: Modern Warfare, tamén programado por Infinity Ward [1] [2].

Recepción e crítica[editar | editar a fonte]

O xogo contou dende o principio cunha grande expectación. Modern Warfare 2 obtivo moi boas cualificacións que acadaron segundo Metacritic un 94 en PS3 [3], un 94 en Xbox 360 [4] e un 86 en PC [5].

Vendas[editar | editar a fonte]

Rapidamente, Modern Warfare 2 convertiuse nun dos videoxogos máis rapidamente vendidos da historia, acadando as 7 millóns de copias nun só día[6]. A versión de Xbox 360 foi a máis vendida, superando os 10 millóns de exemplares [7]. A versión de PS3 vendeu aproximadamente 7 millóns de copias [8].

Notas[editar | editar a fonte]