Call of Duty 4: Modern Warfare

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Call of Duty 4: Modern Warfare é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty e ao xénero FPS (first person shooter), programado por Infinity Ward e distribuído por Activision para PC Windows, MAC OS X, Xbox 360 e Playstation 3. Foi posto á venda en setembro de 2007 para PS3, Xbox 360 e Windows. En setembro de 2008 saiu ao mercado a versión de Mac OS X e en novembro de 2009 a de Wii, baixo o nome de Call of Duty 4: Modern Warfare: Reflex Edition, programada por Treyarch.

Argumento[editar | editar a fonte]

O xogo está ambientado na época actual, a diferenza das entregas precedentes, situadas durante a Segunda Guerra Mundial. Sitúanos nun conflito ficticio en Rusia, onde un grupo ultranacionalista levou ao país ao bordo da guerra civil. Neste contexto, un grupo terrorista islámico foi quen de roubar unha arma nuclear. Os servizos secretos británico e estadounidense, apoiados por varias unidades militares rusas leais ao goberno lexítimo, deciden intervir, en prol de desactivar os mísiles roubados.

Recepción e crítica[editar | editar a fonte]

Rapidamente o xogo recibiu grande aceptación, tanto por parte da crítica como do público. No E3 2007 gañou o premio a mellor xogo da feira [1]. Logrou ademais varios premios BAFTA, incluíndo mellor historia e personaxe e o premio do público ao mellor xogo do ano 2007 [2]. Acadou un 94 en Metacritic, tanto na versión de Xbox 360 coma PS3 [3] [4]; un 92 para PC [5] e un 76 para Wii [6].

Vendas[editar | editar a fonte]

A versión de Xbox 360 foi a máis vendida con máis de 8 millóns de unidades [7]. A versión de Playstation 3 vendeu un pouco máis de 5 millóns [8]. A versión de Wii vendeu case un millón de unidades [9]

Notas[editar | editar a fonte]