Inception
| Inception | |
|---|---|
| Título orixinal | Inception |
| Ficha técnica | |
| Director | Christopher Nolan |
| Produtor | Christopher Nolan Emma Thomas |
| Guión | Christopher Nolan |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Leonardo DiCaprio Ken Watanabe Joseph Gordon-Levitt Marion Cotillard Ellen Page Tom Hardy Cillian Murphy Tom Berenger Michael Caine Dileep Rao Lukas Haas Pete Postlethwaite Talulah Riley Miranda Nolan |
| Música | Hans Zimmer |
| Fotografía | Wally Pfister |
| Montaxe | Lee Smith |
| Estudio | Legendary Pictures Syncopy Films |
| Distribuidor | Warner Bros. |
| Ano | 2010 |
| Duración | 148 minutos |
| País | |
| Xénero | Ficción científica, Drama |
| Orzamento | $160.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Inception é un filme de ficción científica, escrito, co-producido e dirixido por Christopher Nolan. Nos Estados Unidos foi estreado o 16 de xullo de 2010. Está protagonizado por Leonardo DiCaprio, Ken Watanabe, Joseph Gordon-Levitt, Marion Cotillard, Ellen Page, Tom Hardy, Dileep Rao, Cillian Murphy, Tom Berenger e Michael Caine. DiCaprio interpreta Dom Cobb, un ladrón especializado na espionaxe corporativa que se infiltra no subconsciente dos seus obxectivos. Ofréceselle a oportunidade de recuperar a súa vella vida en troques de conseguir facer algo que se considera imposible: a "incepción", é dicir a implantación da idea doutra persoa no subconsciente do suxeito obxectivo.[2]
Índice |
Argumento [editar]
Dom Cobb (Leonardo DiCaprio) é un experto na arte de apropiarse, durante o soño, dos segredos do subconsciente das persoas. Esta inusitada habilidade de Cobb converteuno nun home moi cotizado no mundo da espionaxe, pero tamén o obrigou a ser un fuxitivo e, por conseguinte, a renunciar a levar unha vida normal e estar coa súa familia. A única oportunidade de recuperar a súa vida será facer exactamente o contrario do que fixo sempre: a incepción, que consiste en implantar unha idea no subconsciente no canto de subtraela. Sen embargo, o seu plan complícase debido á intervención de alguén que parece predicir cada un dos seus movementos, e a quen soamente Cobb poderá descubrir.
Personaxes [editar]
- Leonardo DiCaprio como Dom Cobb
- Joseph Gordon-Levitt como Arthur
- Ellen Page como Ariadne
- Tom Hardy como Eames
- Ken Watanabe como Mr. Saito
- Dileep Rao como Yusuf
- Cillian Murphy como Robert Michael Fischer
- Tom Berenger como Peter Browning
- Marion Cotillard como Mallorie "Mal" Cobb
- Pete Postlethwaite como Maurice Fischer
- Michael Caine como Prof. Stephen Miles
- Lukas Haas como Nash
- Talulah Riley como Blonde
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 2010: Oscar: 8 Nomeamentos, incluíndo película, guión orixinal e BSO.
- 2010: Globos de Ouro: 4 Nomeamentos: mellor película drama, director, guión, BSO.
- 2010: BAFTA: 9 Nomeamentos, incluíndo mellor película.
- 2010: Satellite Awards: Mellor fotografía, dirección artística, BSO. 11 Nomeamentos.
Notas [editar]
- ↑ BoxOfficeMojo
- ↑ Eisenberg, Mike (May 5, 2010). "Updated 'Inception' Synopsis Reveals More". Screen Rant. http://screenrant.com/inception-plot-synopsis-deatails-mikee-58124/. Consultado o July 18, 2010. "One last job could give him his life back but only if he can accomplish the impossible—inception."
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Web oficial (en inglés)
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)