Illa Rottnest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 32°00′18″S 115°30′54″L / -32.00500, -115.51500

Illa Rottnest
Rottnest Island
A illa Rottnest vista desde o espazo.
Foto da NASA tomada polo Landsat 7.
Situación
PaísAustralia
EstadoAustralia Occidental
MarOcéano Índico
Xeografía
Superficie19 km²
Punto máis alto46 m
Distancia a terra18 km
Demografía
Poboación334 (Censo de 2016)[1]
Até 15 000 visitantes nos períodos de vacacións.[2]
Densidade17,6 hab./km²

A illa Rottnest é unha pquena illa australiana.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situada a 18 km da costa do estado de Australia Occidental, ten unha superficie de 19 km².

Segundo o censo de 2016 contaba con 334 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 17,6 hab./km². Porén, durante os períodos de vacacións pode acoller até 15 000 visitantes. Por iso, a maioría dos seus habitantes traballan no sector turístico.

É famosa pola presenza dunha importante colonia de quokkas (Setonix brachyurus), pequeno mamífero marsupial oriúndo da rexión.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

A illa estivo habitada por aborixes australianos até hai uns 7 000 anos, cando a subida do nivel do mar separouna do resto de Australia. O 29 de decembro de 1696 desembarcou na illa o capitán neerlandés Willem de Vlamingh, que a explorou durante 6 días e lle deu o nome de 't Eylandt 't Rottenest, que literalmente significa "niño de ratas", ao confundir os quokkas con ratas xigantes. Naquel momento a illa estaba deshabitada, e a poboación aborixe carecía de botes, polo que probabelmente o territorio permanecera sen poboación durante varios miles de anos.[4]

Entre 1838 e 1931 foi utilizada como prisión para reclusos aborixes.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

Quokka

Aves[editar | editar a fonte]

A illa foi declarada área importante para a conservación das aves. Poden observarse numerosas especies, entre elas Ardenna pacifica, Phalacrocorax varius, Chroicocephalus novaehollandiae, Thalasseus bergii, Sternula nereis, Onychoprion anaethetus, Neophema petrophila, Egretta sacra e Cladorhynchus leucocephalus.[5]

Flora[editar | editar a fonte]

Entre as especies nativas figuran a conífera da familia das cupresáceas Callitris preissii, o arbusto da familia das mirtáceas Melaleuca lanceolata e a árbore da familia das fabáceas Acacia rostellifera.[6]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 2016 Census QuickStates: Rottnest Island – Australian Bureau of Statistics Arquivado 26 de febreiro de 2022 en Wayback Machine..
  2. Rottnest Arquivado 13 de decembro de 2006 en Wayback Machine. en police.wa.gov.au
  3. Somolinos, Daniel (1 de outubro de 2018). "Rottnest, la isla donde habita el animal más feliz del planeta". El Mundo. Consultado o 25 de febreiro de 2022. 
  4. Appleyard, R. T. & Manford, Toby (1979): The Beginning: European Discovery and Early Settlement of Swan River. Western Australia. Perth, Western Australia: University of Western Australia Press. ISBN 0-8556-4146-0.
  5. Kilpatrick, Alan G. (2016):"Birds of Rottnest Island, WA". Emu - Austral Ornithology 32 (1): 30–31.
  6. Rottnest Island Authority. "Plants and wildflowers of Rottnest Island". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2011. Consultado o 26 de febreiro de 2022.