Illa Rapa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rapa
Vista da illa
RapaISS004-E-12980b.PNG
Datos
Capital Ahurei (Haurei)
País Francia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Illas Austrais
Linguas
Poboación (2007) 482 hab.
Superficie 40 km²
Densidade
Coordenadas 27°38′S 144°20′W / 27.633°S 144.333°W / -27.633; -144.333
Maior Altura 650 m. Monte Perau
Localización
Localización

A illa Rapa[1] é unha das illas Austrais, situada na Polinesia Francesa. Por veces recibe o nome Rapa Iti, (a pequena Rapa), para a distinguir de Rapa Nui, a gran Rapa, nome da illa de Pascua. O concello de Rapa inclúe os illotes deshabitados de Marotiri. Está situada a 1.240 km ao sur de Tahití e a 500 km ao sueste de Raivavae.

É un antigo volcán, de 650 metros de altitude no monte Perehau, do que se afundiu a parte central, formando unha caldeira aberta ao océano. Ten forma de anfiteatro cunha baía profunda que penetra no antigo cráter. A superficie total é de 40 km²;.

Os 497 habitantes (censo de 2002) viven bastante illados, constituíndo o concello máis meridional da Polinesia Francesa. É unha zona militar e non se pode ir sen autorización previa. Ahurei e Area son as dúas aldeas da illa situadas na baía. O clima amornado non é dabondo cálido para que aí creza o coral ou os cocos. Nas montañas viven cabras salvaxes, que os insulares cazan co método de acurralas de tal modo que caian ao mar polos cantís.

Nas cimas máis altas atópanse unhas antigas ruínas en forma de fortalezas defensivas. Foi descuberta polo inglés George Vancouver en 1791 dándolle o nome de Oparo. No século XIX sufriron os ataques dos negreiros peruanos ata que en 1867 se estableceu o protectorado francés. O 6 de marzo de 1881 foi anexionada por Francia, aínda que o título de ''ariki, soberano tradicional, non foi abolido ata 1887.

O xornalista Jaume Bartrolí pasou longas tempadas na illa adoptado por unha familia. Describe a illa e os insulares no libro De Sibèria ao Tròpic (ISBN 8482643169), editado en 2001 en Barcelona pola editorial Magrana.


Baía de Ahurei

Notas[editar | editar a fonte]