Illa Adelaide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Adelaide
Base Rothera, verano 2003
Localización da illa
Situación
PaísAntártida Antártida, Reclamada por Arxentina, Chile e Reino Unido Reino Unido
MarOcéano Glacial Antártico
Coordenadas67°15′S 68°30′O / -67.250, -68.500Coordenadas: 67°15′S 68°30′O / -67.250, -68.500
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie4.663 km²
Longura máxima139 km.
Largura máxima37 km.
Perímetro369 km.
Punto máis alto2.317 m. Monte Gaudry
Demografía
CapitalBase Rothera
Poboación22 hab. temporais (no verán 130)

A Illa Adelaida, denominada illa Belgrano de xeito oficial pola Arxentina. É unha illa da Antártida (coordenadas: 67º15'S 68º30'W), de considerable tamaño, uns 135 km de longo por 32 km de ancho, 4.463 km², e situada no Océano Glacial Antártico, ao oeste da Península Antártica e moi próxima a ela, especificamente fronte á Península Arrowsmith, case inmediatamente ao sur do círculo polar antártico e ao norte da Baía Margarita.

Alcanza unha altitude máxima de 2.317 m, e ten unha liña de costa de 369 km. Está case completamente cuberta de xeo permanente.

A República Arxentina inclúe a esta illa no Departamento Antártida Arxentina dentro da provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur, para Chile forma parte do Territorio Chileno Antártico e para o Reino Unido do Territorio Antártico Británico, pero estas reclamacións están suspendidas en virtude do Tratado Antártico.

Foi descuberta en 1832 por unha expedición británica ao mando de John Biscoe, e bautizada por el en honra á raíña Adelaide do Reino Unido.[1] O primeiro recoñecemento da illa efectuouno a expedición antártica francesa de 1908-1910 ao mando de Jean-Baptiste Charcot.

Nas costas desta illa sitúanse actualmente as bases Rothera do Reino Unido, e as bases chilenas Guesalaga e Carvajal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Extract from the 'Tasmanian' of Hobart, dated 11th October 1833. "Interesting to the World at Large". The Sydney Monitor, 2 de novembro de 1833. Consultado o 26 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]