Igrexa de San Salvador de Sanguñedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de San Salvador de Sanguñedo
Igrexa e ciprés dende o campo do cura
Datos xerais
PaísEspaña
RexiónComarca da Terra de Celanova
PatrónSan Salvador
LocalizaciónCampo do Outeiro
Sanguñedo (Verea)
Coordenadas42°05′30″N 7°54′41″O / 42.091666666667, -7.9113888888889Coordenadas: 42°05′30″N 7°54′41″O / 42.091666666667, -7.9113888888889
Altitude780 msnm
Culto
CultoIgrexa católica
DioceseDiocese católica latina de Ourense
Arquitectura
EstiloNeoclásico rural galego
OrientaciónO-L
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de San Salvador de Sanguñedo é unha construción relixiosa construída a principios do século XVIII para constituír a parroquia de Sanguñedo, no concello de Verea. A igrexa está situada no Campo de Outeiro.

Descrición[editar | editar a fonte]

Este templo é un arquetipo da construción relixiosa galega rural do seu século. A fachada ten unha porta de lintel sinxela e remata cunha cornixa curva.[1] Nos extremos da cornixa érguense dous pináculos puntiagudos rematados en esfera. O campanario está conformado por dous arcos romanos, nos cales se atopan dúas campás, unha por arco. Por riba deste corpo hai outros dous pináculos, similares aos situados na cornixa, e máis unha estrutura triangular sobre a cal está un pararaios ornamental con forma de cruz grega. A igrexa conta con tres altares; o altar maior ten un retablo construído en 1713 polo escultor Gregorio Álvarez, veciño de Quintela de Leirado, e dourado por Agustín Vázquez; nel atópanse as imaxes da Inmaculada, San Francisco, Santo Antón e San Xosé. Os altares colaterais do Evanxeo da Nosa Señora do Carme e da Epístola da Nosa Señora das Dores, albergan as tallas da Virxe do Carme, Santa Tereixa, Santo Antón e San Bieito. En ourivería, destaca unha cruz do século XVIII, de Armesto e a dostodía, do mesmo século, de Lizarra. [2]

Contorna[editar | editar a fonte]

A entrada principal da igrexa, así como do camposanto da cara ao campo do cura, á dereita desta entrada está plantado un ciprés. Pódese acceder ao recinto dende o Campo de Outeiro, onde está situado o Cruceiro do Campo de Outeiro.

Historia[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Salvador foi construída a principios do século XVIII, conta con algúns elementos complementados no século XIX.[2] Segundo a inscrición do canteiro que se atopa na fachada posterior, a obra foi rematada no ano 1707. Entre os anos 1832 e 1833 a igrexa foi pintada, traballaron os frisos, achantaron e embaldosaron o chan, arranxaron a capela maior e substituíron a mesa do altar maior; tamén se fixo o cemiterio, limpando e chantando o adro e construíuse a casa da Igrés. No ano 1840 colocouse unha campá grande nova que pesa 12 arrobas e 4 libras castelás, substituíndo á anterior, de 9 arrobas menos 6 libras, que rompera. [2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Iglesia de San Salvador de Sanguñedo – Terra de Celanova — Serra do Xurés" (en castelán). Consultado o 2021-01-29. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Méndez Míguez, Carlos (2020). Toponimia de Verea. Noia (A Coruña). ISBN 978-84-1217-313-0. OCLC 1254476944. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]