Igrexa de San Martiño de Cogeces de Íscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Igrexa parroquial de Cogeces de Íscar
Datos xerais
PaísEspaña
Tipoparroquia
AdvocaciónSan Martiño de Tours
LocalizaciónCogeces de Íscar, Valladolid, España España
Coordenadas41°24′24″N 4°32′46″O / 41.406666666667, -4.5461111111111Coordenadas: 41°24′24″N 4°32′46″O / 41.406666666667, -4.5461111111111
CatalogaciónBen de Interese Cultural dende o 5/10/1983
Culto
DioceseValladolid
Arquitectura
Construciónséculo XVI-Século XVIII
EstiloArquitectura gótica
IdentificadorRI-51-0004950
editar datos en Wikidata ]

A Igrexa de San Martiño de Cogeces de Íscar é un templo católico que se atopa na localidade de Cogeces de Íscar (provincia de Valladolid). Está declarado Ben de Interese Cultural.

Características[editar | editar a fonte]

É de estilo gótico e foi modificada nos século XVI e XVII. A parte máis antiga é a do muro sur onde se atopa unha portada gótica de calidade con arquivoltas de dentes de serra e mediacanas. Consta dunha soa nave pechada con bóveda de canón e adornada con xeseiras barrocas. O edificio ten unha torre situada ós pés; accédese ós pisos superiores por unha escaleira de caracol exterior.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. José Carlos Brasas Egido. Antigo partido xudicial de Olmedo. Tomo X. Catálogo Monumental da provincia de Valladolid. Edita Deputación provincial de Valladolid, 1975. Edición: 2000 (facsímile da 1ª edición de 1977). ISBN 84-500-2143-X.