I Could Live in Hope

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

I Could Live in Hope
Álbum de Low
Publicado2 de decembro de 1994
Gravaciónoutono de 1994
Estudio(s)Noise New Jersey
Duración57:05
Xénero(s)slowcore, dream pop
Selo(s)Vernon Yard Recordings
Producido porMark Kramer
Cronoloxía
- I Could Live in Hope Long Division
(1995)

I Could Live in Hope é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Low, publicado o 2 de decembro de 1994 a través do selo Vernon Yard Recordings.

Antecedentes e composición[editar | editar a fonte]

O disco foi unha reacción á agresividade do rock alternativo de principios dos 90, cando o grunge tiña unha gran popularidade, polo que Low "evitou a composición tradicional en favor dos estados de ánimo e o movemento".[1][2] Influenciada por Brian Eno e Joy Division, a banda, traballando co produtor Mark Kramer, favoreceu as composicións con ritmos lentos, unha instrumentación minimalista e unha economía da linguaxe.[3][4][5]

Recepción[editar | editar a fonte]

I Could Live in Hope tivo recensións xeralmente positivas no momento do seu lanzamento. Greg Kot, escribindo para o Chicago Tribune, dixo que "o seu drama de pálpebras pesadas arrástrase nunha cámara lenta que o envolve todo" e dixo del que era "o mellor disco feito para aquelas tardes tristes e nada desexables de arrastrarse a un burato dende a estrea de Galaxie 500".[6]

Legado[editar | editar a fonte]

Presentando un "ritmo sen precedentes no entón florecente underground", I Could Live in Hope axudou a crear o xénero coñecido como slowcore, que incluíu a artistas dende Bedhead ata Codeine ao longo dos 90.[5]

En 1999 Pitchfork situou a I Could Live in Hope no número 49 da súa lista dos mellores álbums dos 90.[7] Ese mesmo ano o crítico Ned Raggett púxoo no número 37 da súa lista dos 136 mellores discos dos noventa para Freaky Trigger.[8] En 2004 o álbum foi incluído na lista dos 50 anos do Rock'n'Roll de Les Inrockuptibles.[9] En 2018 Pitchfork situouno no 22 da súa lista dos 30 melores álbums de dream pop.[10]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Alan Sparhawk, Mimi Parker e John Nichols, agás onde se indique. 

N.º TítuloVoz principal Duración
1. "Words"  Sparhawk 5:45
2. "Fear"  Sparhawk 2:12
3. "Cut"  Sparhawk 5:43
4. "Slide"  Parker 3:46
5. "Lazy"  Sparhawk 5:35
6. "Lullaby"  Parker 9:46
7. "Sea"  Sparhawk, Parker 1:45
8. "Down"  Sparhawk 7:24
9. "Drag"  Sparhawk 5:11
10. "Rope"  Sparhawk 6:11
11. "Sunshine" (Oliver Hood)Sparhawk, Parker 2:59

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The rough guide to rock (3rd ed., expanded and completely rev ed.). London: Rough Guides. 2003. ISBN 978-1843531050. OCLC 59305933. 
  2. Earles, Andrew, 1973-. Gimme indie rock : 500 essential American underground rock albums 1981-1996. Minneapolis. ISBN 978-0760346488. OCLC 868039493. 
  3. "I Could Live in Hope - Low | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-11-14. 
  4. Earles, Andrew, 1973-. Gimme indie rock : 500 essential American underground rock albums 1981-1996. Minneapolis. ISBN 978-0760346488. OCLC 868039493. 
  5. 5,0 5,1 "Low Albums From Worst To Best". Stereogum (en inglés). Consultado o 2020-11-14. 
  6. Kot, Greg. "LOVELY LETHARGY". chicagotribune.com (en inglés). Consultado o 2020-11-14. 
  7. "Top 100 Albums of the 1990s". Pitchfork. Archived from the original on 25 de febreiro de 2003. Consultado o 2020-11-14. 
  8. "The Top 136 Or So Albums Of The 90s". web.archive.org. 2000-01-20. Archived from the original on 20 de xaneiro de 2000. Consultado o 2020-11-14. 
  9. "Acclaimed Music". acclaimedmusic.net. Consultado o 2020-11-14. 
  10. "The 30 Best Dream Pop Albums". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-11-14.