ICESat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ICESat
ICESat1.jpg
ICESat
Tipo Observación terrestre.
Organización NASA
Destino actual Reentrado na atmosfera.
Satélite de Terra
Data de lanzamento 13 de xaneiro de 2003[1][2][3]
Foguete portador Delta II[2][4]
Sitio de lanzamento Base Vandenberg das Forzas Aéreas[2][5]
Obxectivo da misión Estudio das capas de xeo polares.[2][5]
Decaemento 30 de agosto de 2010
NSSDC ID 2003-002A
Masa 970 kg[4]
Potencia 350 vatios[2][5]

ICESat (acrónimo de Ice, Cloud, and land Elevation Satellite) foi un satélite artificial da NASA lanzado o 13 de xaneiro de 2003 mediante un foguete Delta II desde a base Vandenberg das Forzas Aéreas.[2][4]

Características[editar | editar a fonte]

ICESat foi inxectado nunha órbita inicial de 586 km de perixeo, 594 km de apoxeo e 94 graos de inclinación orbital.[4] Foi deseñado para determinar, mediante un láser altímetro, a masa das capas polares e a forma en que contribúen ó cambio do nivel dos océanos para axudar a modelar o comportamento futuro das capas de xeo e o nivel do mar. Como misión secundaria, o satélite mediu a altura das capas de nubes e a súa estrutura vertical, mediu a cantidade de aerosois na atmosfera, cartografiou a superficie terrestre e mediu a rugosidade, reflectividade e alturas da cuberta vexetal, das capas de neve e do xeo mariño.[2][4]

O satélite alimentábase mediante paneis solares que proporcionaban 350 vatios de potencia de media. Os datos gardábanse nunha grabadora de estado sólida de 56 Gb de capacidade, suficiente para rexistrar 24 horas de datos, e transmitíanse mediante un enlace en banda X a unha velocidade de ata 40 Mbps.

ICESat foi desorbitado o 30 de agosto de 2010.[4][1]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

ICESat levaba a bordo un único instrumento: un láser altímetro denominado GLAS polo seu acrónimo en inglés (Geoscience Laser Altimeter System)[2][4] que funcionaba emitindo pulsos cunha duración de 4 nanosegundos a lonxitudes de onda de 1064 nanómetros, correspondente ao infravermello, ou 532 nanómetros, correspondente a luz verde. Os fotóns reflexados desde a Terra eran recollidos polo telescopio de un metro de diámetro de ICESat. GLAS emitía pulsos 40 veces por segundo, iluminando áreas de superficie de 70 metros de diámetro a intervalos de 170 metros.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "ICESAT" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=27642. Consultado o 30 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "ICESat" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=2003-002A. Consultado o 30 de xaneiro de 2012. 
  3. "Note verbale dated 30 June 2003 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (03-85488): 5. 2 de xullo de 2003. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=1243. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 "ICESAT (EOS-LAM)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/icesat.htm. Consultado o 30 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "ICESat" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/icesat.htm. Consultado o 30 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: ICESat

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]