Humberto II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Humberto II (15 de setembro de 1904 Racconigi - 18 de marzo 1983 Xenebra) foi o último rei de Italia, do 9 de maio ao 13 de xuño de 1946, por veces chamado o rei de maio.

Humberto foi o terceiro fillo de Vítor Manuel III e Helena de Montenegro, formouse na academia militar de Turín e chegou ao grao de xeneral. Participou en operacións militares durante a Segunda Guerra Mundial.

Despois da caída de Mussolini e da apertura de negociacións dos italianos cos aliados, en 1943, o rei volveu aos poderes constitucionais e o 5 de xuño de 1944 nomeou a Humberto Luogotenente General del Regno nun intento por salvar a monarquía, abdicando en maio de 1946, converténdose Humberto en rei de Italia, no referendum do 2 e 3 de xuño os italianos votaron maioritariamente polo establecemento dunha república e o 13 de xuño marchou para o exilio en Cascais.

Humberto estaba casado desde 1930 con María Xosé de Bélxica, filla do rei Alberte I, coa que tivo catro fillos.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas