Equilibrio dinámico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


O equilibrio dinámico ocorre cando dous procesos reversibles acontecen ao mesmo tempo. Moitos procesos (como algunhas reaccións químicas) son reversibles e cando están nun equilibrio dinámico, reaccións opostas acontecen ao mesmo tempo.Un exemplo do proceso pode ser imaxinado cun cubo acugulado de auga que se coloca nun cuarto pequeno. A auga do cubo evapórase, e o aire no cuarto comeza a se saturar do vapor de agua. Eventualmente, o aire no cuarto será completamente saturado e o nivel da auga no cubo parará completamente. Con todo, a auga no cubo segue a evaporarse. O que está pasando é que as moléculas de auga no aire de vez en cando chocan contra a superficie da auga e se volven a condensar. Isto ocorre ó mesmo paso o que a auga evapora do cubo. Este é nun exemplo do equilibrio dinámico porque o paso de evaporación é igual ó paso da condensación.

Outros conceptos[editar | editar a fonte]

O concepto do equilibrio dinámico non se limita tan só os cambios de estado. Frecuentemente aplícase á análise da cinética química para obter información útil sobre a proporción de reactivos e productos que formarán do equilibro. Débese ter en conta que nun equilibro as concentracións dos reactivos e as concentracións dos produtos son constantes. Así e todo,a palabra equilibrio dinámico poder ter outros significados, como por exemplo, significados ecolóxicos. En ecoloxia o equilibrio dinámico significa acadar a homeostase, onde os diferentes compoñentes varían pero permanecen en equilibrio, dentro de certos limites baixo o control de bucles de retroalimentacion negativa.

Equilibrio dinámico na natureza[editar | editar a fonte]

A natureza está en equilibrio dinámico, exemplo; un fento que abre a súa espiral ó sol, un submarino que permanece na beira do mar,etc. Ésta é a relación «áurea», exhíbese en plantas, animaiss, o corpo humano. Amosa as interrelacions de tódalas formas de enerxía, visibles e invisibles.

Aplicacións do equilibrio dinámico á física[editar | editar a fonte]

Tamen en física, existe equilibrio dinámico cando a suma das forzas que actúan sobre o sistema non provoca aceleración, de modo que a velocidade do sistema é constante.