Hexánquidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hexánquidos
(Hexanchidae)

Rango fósil: xurásico superior - actualidade [1]
Hexanchus griseus
Hexanchus griseus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Hexanchiformes
Familia: Hexanchidae
Gray, 1851
Xéneros
Heptranchias perlo.
Cabeza de Heptranchias perlo.
Debuxo de Hexanchus nakamurai.
Debuxo de Hexanchus griseus.
Cabeza de Notorynchus cepedianus.

Os hexáquidos (Hexanchidae) son unha familia de elasmobranquios (Elasmobrachii) da orde dos hexanquiformes (Hexachiformes) caracterizados por presentaren seis ou sete pares de branquias, en vez dos cinco habituais noutros tiburóns.

Están considerados como os tiburóns máis primitivos, dado que o seu esqueleto conserva algunhas características xa extinguidas, con algunhas adaptacións modernas. Os seus aparellos excretor e dixestivo están pouco especializados, o que suxiere tamén que poden parecerse aos de tiburóns primitivos antepasados seus. O trazo máis distintivo, porén, é a presenza dun sexto e, en dous xéneros, un sétimo par de fendeduras branquiais.[2]

Poden medir entre 140 e 550 cm de loinxitude. Son ovovivíparos. Aliméntanse de peixes relativamente grandes de todo tipo, incluíndo outros tiburóns, así como de crustáceos e preas.

A familia está represntada nas augas galegas por unha especie, Hexanchus griseus, o bocadoce.[3] [4]

Clasificación[editar | editar a fonte]

A familia conta con 4 especies actuais,[1] ademias de moitas outras extintas:

Especies actuais[editar | editar a fonte]

Especies extinguidas[editar | editar a fonte]

Familia ? Mcmurdodontidae

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2011): Hexanchidae en FishBase. Versión de febreiro de 2011. Consultada o 1/12/2012.
  2. Matt's, J. & Last P. R. (1998). Encyclopedia of Fishes. Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N. (eds.). p. 61. ISBN 0-12-547665-5. 
  3. Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
  4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
  5. Notatonoides en Paleobiology Database. Consultada o 1/12/2012.

Véxse tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hexánquidos Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hexánquidos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Allen, Thomas B. (1999): The Shark Almanac. New York: The Lyons Press. ISBN 1-55821-582-4.
  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]