Henry Mancini
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henry Mancini, ou Enrico Nicola Mancini, nado en Cleveland o 16 de abril de 1924 e finado en Beverly Hills o 14 de xuño de 1994, foi un compositor estadounidense de música para cine que pasou a historia por ser o creador de The Pink Panther Theme para a película de 1963 The Pink Panther e o resto de filmes baseados no personaxe, como Curse of the Pink Panther. Outra famosa canción súa é Moon River, que compuxera para o filme Breakfast at Tiffany's.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Mancini Song Book. Londres, Compass Music Ltd, 1965.