Hemisferio occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Hemisferio Occidental")
O Hemisferio occidental, en ocre.

O Hemisferio occidental é a metade da Terra ao oeste do Meridiano de Greenwich. Este termo adoita referirse colectivamente ao continente americano, incluíndo as illas do Caribe e Groenlandia.

A elección do meridiano que traza o límite entre o hemisferio occidental e o hemisferio oriental é arbitraria. Normalmente emprégase o meridiano cero que pasa por Greenwich (Reino Unido). Se se toma como liña de orixe o meridiano de lonxitude 180 º, o hemisferio occidental coincidiría con Eurasia e África en vez de con América.