The Cosby Show
| The Cosby Show | |
|---|---|
| 480i (SDTV) | |
| Formato | Comedia de situación |
| Creado por | Ed. Weinberger Michael Leeson Bill Cosby |
| Desenvolvido por | Carsey-Werner Productions |
| Intérpretes | Bill Cosby Phylicia Rashād Sabrina Le Beauf Geoffrey Owens Lisa Bonet Joseph C. Phillips Malcolm-Jamal Warner Tempestt Bledsoe Keshia Knight Pulliam Raven-Symoné Erika Alexander |
| Tema de apertura | "Kiss Me", interpretada por: Bobby McFerrin (tempada 4), Oregon Symphony (tempada 5), Craig Handy (tempadas 6–7), Lester Bowie (tempada 8) |
| Tema de peche | "Kiss Me" (instrumental) |
| País de orixe | |
| Lingua(s) | inglés |
| Número de episodios | 201 |
| Produción | |
| Produtor(es) executivo(s) | Marcy Carsey Tom Werner Bernie Kukoff (tempada 7) Janet Leahy (tempada 8) |
| Duración | 24–25 minutos (1984–1988) 23–24 minutos (1988–1991) 22–23 minutos (1991–1992) |
| Distribuidor | Viacom |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | NBC |
| Tempo de emisión | 20 de setembro de 1984 – 30 de abril de 1992 |
The Cosby Show é unha comedia de situación da televisión protagonizada por Bill Cosby que se estreou o 20 de setembro de 1984 e que permaneceu en antena durante oito tempadas na NBC, ata o 30 de abril de 1992. Foi a serie máis popular dos anos 1980, conseguindo revivir o xénero da comedia de situación e os indices de audiencia da NBC[1].
Desenvolvemento [editar]
A serie xira arredor da familia Huxtable, unha familia afroamericana acomodada do barrio de Brooklyn en Nova York. Inicialmente os produtores ofrecéronllo á ABC e foi a NBC quen o programou, con enorme éxito de público, foi durante cinco tempadas o programa máis visto [2] e del derivouse unha secuela A Different World que se emitiu entre 1987 e 1993.
En total emitíronse 197 episodios (201 contando os episodios dobres).