Hammershus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hammershus

Hammershus é a meirande fortificación medieval do Norte de Europa[1], situada a 74 metros sobre o nivel do mar sobre Hammeren, o extremo noroeste da illa dinamarquesa de Bornholm, no Mar Báltico.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi erixido no século XIII. Pensouse durante moito tempo que o castelo fóra construído en 1255 como residencia privada para Jakob Erlandsen, o arcebispo de Lund. Non obstante, novas probas atopadas nas ruínas do castelo suxiren que era construído nun primeiro momento como residencia real para Valdemar II de Dinamarca e como base para as cruzadas dinamarquesas, segundo a versión de Kjeld Borch Westh, comisario do Museo Nacional de Dinamarca.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]