Hail to the King (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hail to the King
Álbum de Avenged Sevenfold
Gravación2012 - 2013
Xénero(s)hard rock, metal
Selo(s)Warner Bros. Records
Producido porMike Elizondo
Cronoloxía
Nightmare (2010) Hail to the King

Hail to the King é o sexto álbum de estudio da banda americana Avenged Sevenfold, este foi producido por Mike Elizondo. É o primeiro álbum co seu novo batería Arin Ilejay, que se uniu á banda no 2011 para tocar nos concertos e no 2013 xa é recoñecido como membro oficial. Este tamén é o primeiro álbum sen ningunha participación do antigo membro The Rev.

Características[editar | editar a fonte]

A finais do 2012 a banda declara que comeza a traballar nun novo álbum que será publicado no 2013, este comeza a súa gravación na primeira metade do 2013. En xuño do 2013 anuncian que o sexto álbum de estudio sería publicado o 27 de agosto de 2013, co nome "Hail to the King"[1]. Segundo declaracións da banda, querían facer un álbum de metal clásico, cun son que recorda a bandas coma Black Sabbath ou Led Zeppelin[2].

Todas as letras das cancións foron escritas por M. Shadows agás St. James que foi escrita por Synyster Gates. St James é unha canción que se pode atopar na versión "deluxe" do álbum e é a única do álbum dedicada a The Rev. No álbum a banda transmite unha mensaxe coa canción, relacionándoa coa canción "So Far Away" do álbum Nightmare, esta é a seguinte:

"St. James" é a luz da escuridade de "So Far Away". "St. James" é a celebración do corazón e cor de Jimmy 'The Rev' Sullivan e debe ser escoitada coa túa bebida favorita!

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  • Shepherd of Fire - 5:22
  • Hail to the King - 5:04
  • Doing Time - 3:27
  • This Means War - 6:09
  • Requiem - 4:23
  • Crimson Day - 4:57
  • Heretic - 4:55
  • Coming Home - 6:26
  • Planets - 5:56
  • Acid Rain - 6:38

A versión Deluxe do álbum contén ademais a canción "St James" (de duración 5:01) e o vídeo musical de "Hail to the King".

Singles[editar | editar a fonte]

O 15 de xullo de 2013 publícase o primeiro single de mesmo nome que o álbum "Hail to the King".

Créditos[editar | editar a fonte]

Avenged Sevenfold[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

  • Producido por Mike Elizondo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anuncio Hail to the King REVOLVER Magazine
  2. "Entrevista Metal Hammer". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2013.