Nightmare (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nightmare
Álbum de Avenged Sevenfold
Publicado: {{{publicado}}}
Datas de gravación: 2009-2010
Estudio(s) de gravación:
Duración: {{{duración}}}
Xénero: Hard Rock, Metal
Selo(s): Warner Bros. Records
Producido por: Mike Elizondo
Cronoloxía
Live in the LBC & Diamonds in the Rough (2008) Nightmare -

Nightmare é o quinto álbum de estudio da banda americana Avenged Sevenfold, este foi producido por Mike Elizondo e mesturado por Andy Wallace en Nova York. É o último álbum da banda no que o seu batería The Rev puido participar.

Características[editar | editar a fonte]

O 28 de decembro de 2009 atopan morto na súa casa de Huntington Beach (Estados Unidos) a James "The Rev" Sullivan, o que fora ata esa data o batería da banda Avenged Sevenfold. Debido a isto, este non puido participar no proceso completo de gravación do álbum, mais conserváronse as gravacións que o músico fixera antes do seu falecemento, por iso, o álbum conta con cancións coma "Fiction" (a cal rematou 3 días antes da súa morte) cantadas por el. Trala perda, os demais membros decidiron pedir a Mike Portnoy de Dream Theater que sustituíse a The Rev, xa que este é o músico que The Rev máis admiraba e lle influíra á hora de tocar.

Finalmente rematan na primeira metade de 2010 o álbum xunto a Mike Portnoy, e publícase o 27 de xullo de 2010. A morte do seu membro influíu nas cancións, obtendo un álbum escuro onde predomina a temática da morte. A banda fala deste álbum coma un álbum dedicado á morte de The Rev.

Cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Nightmare" - 6:16
  2. "Welcome to the Family" - 4:05
  3. "Danger Line" - 5:28
  4. "Buried Alive" - 6:41
  5. "Natural Born Killer" - 5:15
  6. "So Far Away" - 5:26
  7. "God Hates Us" - 5:19
  8. "Victim" - 7:29
  9. "Tonight the World Dies" - 4:41
  10. "Fiction" - 5:12
  11. "Save Me" - 10:56

A versión Deluxe do álbum contén ademais a canción "Lost It All" de duración 3:56. Tamén existen edicións limitadas do álbum que conteñen a demo da canción "Nightmare" e as versións instrumentais de tódalas cancións.

Sinxelos[editar | editar a fonte]

O 18 de maio de 2010 publican o primeiro single "Nightmare" como presentación do álbum. O segundo single é "Welcome to the Family", publicado en outubro de 2010. En abril de 2011 publican como novo single "So Far Away" que conta cun vídeo dedicado ao falecido The Rev e que foi dirixido por Wayne Isham.

O cuarto single é publicado o 20 de setembro e é unha versión non editada da canción "Buried Alive". Nun principio ata o fin do "Uproar Tour" (que levou á banda de xira por tódolos recunchos de Estados Unidos) non buscarían director para o novo vídeo, xa que pensaran en Rob Zombie mais este estaba moi ocupado na súa próxima película, The Lords of Salem. Tras rematar o "Uproar Tour" a banda comezou o "Buried Alive Tour" en norteamerica e cambian de idea respecto ao vídeo. Os membros da banda piden aos fans que graven a actuación da canción "Buried Alive" coas súas cámaras, no último concerto do tour que corresponde no "KCXX Very Merry Xmas Party" en Ontario (Canadá) o 17 de decembro de 2011, e despois publiquen os seus vídeos en YouTube, e estes serán utilizados para a realización do vídeo da mesma canción, o cal será publicado o 1 de xaneiro de 2012.

Créditos[editar | editar a fonte]

Avenged Sevenfold[editar | editar a fonte]

Músicos adicionais[editar | editar a fonte]

  • Mike Portnoy - batería.
  • Brian Haner Sr. – guitarra acústica en "Tonight the World Dies" e "So Far Away".
  • Sharlotte Gibson – coros en "Victim"
  • David Palmer - piano e teclado en "Danger Line," "Save Me," "Tonight the World Dies," "Fiction," e "Nightmare"
  • Stewart Cole - trompeta

Produción[editar | editar a fonte]

  • Producido por Mike Elizondo.
  • Mesturado por Andy Wallace.
  • Masterizado por Ted Jensen.
  • Ilustracións por D.A. Frizell.
  • Fotografía por Clay Patrick McBride
  • Arte da portada por Travis Smith.
  • Dirección artística e fotografía por Rafa Alcantara