H. P. Bulmer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

H.P. Bulmer, tamén coñecida como Bulmers Cider (sidra de Bulmer), é unha compañia fundada en 1887 en Hereford, Inglaterra, por Percy Bulmer, o fillo de 20 anos do rector local de Credenhill, seguindo o consello da súa nai de adicarse á comida ou á bebida "porque nunca vai pasar de moda".[1].

Historia[editar | editar a fonte]

Usando mazás da horta da reitoría do seu pai, e unha vella prensa de pedra da granxa veciña, Percy fixo a primeira sidra, levando a fortuna á súa familia. Na actualidade H.P. Bulmer fai o 65% dos 5.000.000 de hectolitros de sidra vendidos anualmente no Reino Unido e a maior parte das exportacións (decembro de 2007).

O seu irmán maior Fred, ó regreso do King's College de Cambridge, rexeitou a oferta de converterse no titor do fillo do rei de Siam para axudar a Percy no boiante negocio da sidra.

Cun préstamo de 1.000 libras esterlinas do seu pai, os irmáns compraron unha veiga de 3,2 hectáreas a carón da cidade e construíron a súa primeira fábrica de sidra. Era pouco maior que un pendello comparado coa moderna factoría con enormes cubas de aceiro inoxidable informatizadas que hai na actualidade nun recinto de 30,4 hectáreas preto da antiga.

Facer sidra naquela primeira época era un éxito ou un fracaso. A fermentación levábase a cabo co primitivo lévedo nas mazás, e a sidra agreaba con facilidade. Foi un amigo do instituto de Fred, o doutor Herbert Durham, quen nos anos 90 retirou o vello lévedo para crear unha cultura do lévedo propia da sidra, que garantiría a a consistencia das fermentacións. Estes foron os comezos da fabricación comercial de sidra.

Bulmers recibiu por primeira vez a Royal Warrant (garantía real) en 1911, e continúa na actualidade como 'Cider Maker to Her Majesty the Queen'.

Feitos recentes[editar | editar a fonte]

A compañía foi independente ata 2003, cando, logo de problemas financieiros, foi adquirida pola gran cerveceira Scottish and Newcastle, que á súa vez foi adquirida polas compañías Heineken e Carlsberg en 2008. Porén, os negocios en Australia e Nova Zelandia foron vendidos á cerveceira Foster's.

Na primavera do 2006 a compañía volveu lanzar a Bulmers Original no Reino Unido, unha sidra embotellada de primeira calidade destinada ó mercado de "served over ice" (sírvase con xeo), que acadou gran popularidade nos últimos anos. A Bulmers Original ten un 4.5% de alcol e adoita venderse en botellas dunha pinta (568 ml.), pero tamén de barril, en botellas de 1 litro e latas de 500 ml. En novembro de 2007 á gama Bulmers uniuse a sidra Bulmers Pear (feita con peras), e na primavera de 2008 a Bulmers Light, co mesmo alcol cá orixinal pero cun 30% menos de calorías.

Outra das variedades producidas é a Jacques, cun 5,5% de alcol, feita en Bélxica por Stassen SA. Está dispoñible en Fruit De Bois (sidra con aromas de cereixa, framboesa e grosella), e a Jacques Orchard Fruits foi lanzada no verán de 2008.

Marcas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]