Gustav Bauer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gustav Bauer

Gustav Adolf Bauer, nado en 1870 e finado en 1944, foi un político alemán, líder do Partido Socialdemócrata de Alemaña e chanceler entre 1919 e 1920.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Darkehmen, preto de Königsberg in East Prussia, entrou no mundo sindical moi novo e entre 1908 e 1918 foi o presidente da Comisión Xeral de Sindicatos de Alemaña, entrou no Reichstag en 1912. En outubro de 1918 entrou no goberno do príncipe Max de Baden como ministro de traballo, continuou con igual ministerio no goberno de Philipp Scheidemann despois da guerra. Cando Scheidemann caeu, despois de que o Partido Democrático Alemán deixara o goberno en oposición á sinatura do Tratado de Versalles, Bauer converteuse no novo chanceler en xuño de 1919, mantívose no poder ata marzo de 1920 despois do Kapp Putsch. Posteriormente Bauer foi ministro de facenda no goberno de Hermann Müller (1920) e vicechanceler e ministro de facenda con Joseph Wirth (1921).