Gumersindo Delgado Gallego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGumersindo Delgado Gallego
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Bande, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de outubro de 1941 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Gumersindo Delgado Gallego, nado en Bande e finado en Ourense o 20 de outubro de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 traballaba nas obras do ferrocarril en Requeixo de Seabra (Zamora). Pasou a Braganza, onde foi detido polas autoridades portuguesas e trasladado a Lisboa. De alí embarcouse a Tarragona no vapor Nyassa con outros refuxiados. Marchou a Barcelona, onde traballou de peón até que foi ocupada polo exército franquista. Foi pasaportado a Porto Quintela onde traballou de peón. Participou no asalto ao comercio de Porto Quintela. Detido, foi xulgado en consello de guerra en Ourense por rebelión militar o 7 de abril de 1941 e condenado a pena de morte. Foi fusilado no Campo de Aragón o 20 de outubro de 1941.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alonso Santos, Román (2016). Saltando a raia. Guerrilla republicana no suroeste ourensán (1939-1943). Ponteareas: Novas do Eixo Atlántico. pp. 58–59,. ISBN 978-84-608-9994-5.