Guillermo Collarte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuillermo Collarte
Biografía
Nacemento1954 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
5 de decembro de 2011 – 27 de outubro de 2015

Circunscrición electoral: Ourense

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , enxeñeiro de camiños Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Guillermo Collarte Rodríguez, nado en Ourense en 1954, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro de Camiños pola Universidade Politécnica de Madrid, traballou como técnico da Xunta de Galicia ata que ben axiña accedeu a postos de designación política, primeiro como subdirector xeral de Portos e subdirector xeral de Estradas, e logo como director xeral de Programación e Investimentos da Consellería de Sanidade e director xeral de Construcións, Equipamentos e Servizos Educativos da Consellería de Educación. En 1995 deixa a Xunta de Galicia e trasládase a Madrid, onde ocupa o cargo de xerente de Arproma, a empresa urbanística da Comunidade de Madrid. En 2003 é nomeado director xeral do Grupo Tragsa, do que está á fronte durante tres anos.

Tamén ocupou distintos postos na empresa privada, como director técnico de Área Central, como conselleiro delegado da empresa Inmogestión 2006 ou como director de división en Isolux. Concelleiro na cidade de Ourense, é xerente da empresa pública Xestur Ourense, dependente da deputación de Ourense. Nas eleccións Xerais 2011 en España foi elixido deputado pola provincia de Ourense.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O seu pai, tamén chamado Guillermo Collarte, foi un empresario ourensán secuestrado en 1998 e de novo en 1999 en Nigrán, e que segue formalmente desaparecido. Os acusados, construtores e políticos de Galicia e Portugal, foron absoltos por falta de probas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]