Anal Cunt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anal Cunt
Seth with AxCx at Relapse Festival 1993 crop.jpg
O vocalista da banda, Seth Putnam
Orixe Newton, Massachusetts, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período 1988 - 2001
2003 - actualidade
Xénero(s) grindcore
Selo(s) discográfico(s) Relapse, Earache, Psychomania, Devour, Conquest, Menace to Sobriety, Wicked Sick, Limited Appeal
Membros Seth Putnam
Tim Morse
Antigos membros Josh Martin
Fred Ordonez
Paul Kraynak
Scott Hull
John Kozik
John Gillis
Nate Linehan
Mike Mahan

Anal Cunt, tamén coñecida coma AxCx e A.C. por razóns da censura, é unha banda de grindcore estadounidense formada en Newton, Massachusetts en 1988. Dende a súa aparición, o grupo tivo un bo número de cambios na formación, que actualmente consiste no vocalista Seth Putnam, o guitarrista Josh Martin e o batería Tim Morse. Coñecidos polo seu estilo grindcore e as súas controvertidas letras, Anal Cunt leva editados oito álbums de estudio ademais de varios recompilatorios e EPs.

A banda foi categorizada como grindcore, noisecore e hardcore. Acotío refírense a ela polas súas iniciais A.C. (ás veces escrito coma AxCx) debido á natureza ofensiva do seu nome e pola censura nalgunhas radios e publicacións, e en moitas das súas portadas só aparecen estas iniciais. Porén, a banda logrou subvertir esta abreviatura debuxando esas letras como un ano e unha vulva. O seu primeiro material consistía en letras ou música non escritas anteriormente. A banda desenvolveu un estilo que consistía nun son extremadamente alto, rápido e agresivo que era creado no momento. Cos anos, a banda cambiou o seu estilo, e aos poucos comezou a incorporar máis riffs e letras pre-compostas aos temas. Non foi ata entón cando a banda gañou a súa reputación internacional de escandalosos e ofensivos.

Discografía[editar | editar a fonte]