Great Thatch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Great Thatch
Localización da illa
Situación
PaísReino Unido Reino Unido
ArquipélagoIllas Virxes
MarMar Caribe
Coordenadas18°23′N 64°43′O / 18.383, -64.717Coordenadas: 18°23′N 64°43′O / 18.383, -64.717
Xeografía
Superficie2 km²
Demografía
PoboaciónNon permanente

Gran Thatch (inglés Great Thatch) é unha illa deshabitada do arquipélago das Illas Virxes Británicas no mar Caribe pertencentes ao Reino Unido. É unha das illas máis occidentais do Territorio. Crese que toma o nome do famoso pirata, Edward Teach (máis coñecido como "Barbanegra"), aínda que hai poucas evidencias que Barbanegra navegase nunca polas Illas Virxes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Gran Thatch (teito de palla) sitúase no mar Caribe a 1 km ao oeste da illa principal de Tórtola e aproximadamente a 1 km ao norte de San Xoán nas Illas Virxes Británicas.

A illa é de orixe volcánica e ten unha superficie duns 2 km², cunha lonxitude duns 2,5 km e ao redor de 0,8 km de ancho. Máis aló da illa atópase Little Thatch.

A illa non ten poboación permanente e só se pode acceder por barco.

Historia[editar | editar a fonte]

Gran Thatch descubriuna Cristovo Colón en 1493 durante a súa segunda viaxe ao Novo Mundo. a lenda di que o nome deriva probablemente do pirata Edward Thatch (Barbanegra) que se di utilizou a illa coma súa base de 1715 a 1718. En 1672 a illa incorporouse á colonia británica de Antiga, en 1773 converteuse con outras illas no territorio das Illas Virxes Británicas.

Aínda que actualmente está deshabitada, antigamente estivo ocupada, contaba cunha casa de aduanas e unha oficina de correos onde o correo era enviado desde Charlotte Amalie por skiff despois de que un paquebote o houbera deixado alí.

A illa foi o lugar dun importante acto de desobediencia civil en 1856, tres anos despois de que a comunidade británica das Illas Virxes Británicas fuxira en gran parte durante a insurrección de 1853. O 24 de novembro de 1856, o sub-tesoureiro de Tórtola buscou apoderarse dun barco que pertencía a un habitante da illa de Thatch, que era coñecido, por operar sen licenza. Foi agredido e a súa tripulación golpeada duramente. Dous días despois, envíouse unha forza de catro condestables para arrestar aos delincuentes, pero ao seu desembarco foron bloqueados por unha multitude de 40 a 50 persoas. Persistiron en facer o arresto e tamén foron duramente golpeados. Ao día seguinte, unha forza duns 30 homes, principalmente condestables rurais, 12 deles armados, desembarcou na illa para sufocar a insubordinación e aprehender aos seus violentos autores. No caso, foi só a intervención dos influentes misioneiros metodistas entre os habitantes o que permitiu as detencións sen máis violencia. Isaac Dookhan cita isto como un exemplo do espírito xeral de disturbios que prevalecía no territorio durante a década de 1850.[1]

A illa estivo en mans privadas, pero foi volta a comprar polo Goberno do Territorio en setembro de 1997, e agora é un Parque Nacional.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. See generally, Isaac Dookhan, A History of the British Virgin Islands, ISBN 0-85935-027-4, at pages 150-151