Gonzalo Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGonzalo Sánchez
Biografía
Nacemento920 Editar o valor em Wikidata
MorteDespois de 970 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Período de actividade956 Editar o valor em Wikidata - 970 Editar o valor em Wikidata

Gonzalo Sánchez, nado arredor de 920, foi un conde galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 956-958 rebelouse contra Sancho I de León, o Craso.

Foi xefe dos exércitos na fronteira da actual Galiza contra os musulmáns. Sobresae pola derrota que inflixe ao exército de Gunrod de Noruega o cal permanecera preto de tres anos en terras galegas, matando e saqueando, pero cando regresaban ás súas naves cargados con botín e prisioneiros foron interceptados polo conde Gonzalo Sánchez que conseguiu vencelos nos arredores da ría de Ferrol, no ano 970, dando morte a Gunrod de Noruega, o seu sækonungr,[1] e tamén queimou a maioría das súas naves e executou a todos os viquingos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xefe viquingo. Literalmente 'rei do mar'.
  2. Eduardo Morales Moreno: Los vikingos en España. Revista Historia de Iberia Vieja, n.º 12, Madrid: HRH Editores, 2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]