Giambattista Basile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giambattista Basile

Giambattista Basile, nado en 1566 ou 1575 e finado en 1632, foi un escritor napolitano en lingua italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo da clase media napolitana. Serviu como militar para varios príncipes italianos, entre eles o dogo veneciano. Foi na súa estadía veneciana cando comezou a escribir poesía. De volta a Nápoles estivo baixo a protección de Caracciolo d'Avellino.

É coñecido por escribir unha colección de contos, Lo cunto de li cunti overo lo trattenemiento de peccerille, que publicou postumamente a súa irmá en dous volumes en 1634 e 1636. Está construída segundo o modelo do Decamerón de Boccaccio, polo que é coñecida como o Pentamerone dende 1674. Nestes contos Basile recolleu e adoptou os contos escoitados nas súas viaxes entre Creta e Venecia. Moitos deles, posteriormente, foron adaptados por Charles Perrault e os irmáns Grimm, entre eles Cinsenta, Rapunzel, O gato con botas, A bela durminte ou Hansel e Gretel.